PRINCE2 Foundation « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 09/12/2021
Data fin 16/12/2021
Certificación oficial Si
Exame PRINCE2 Foundations
Nº inscritos 86
Datos da edición
  • Período de inscrición : 21/10/2021 - 04/11/2021
  • Proba de selección : 10/11/2021 (11:30)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 09/12/2021 - 16/12/2021
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Durante este adestramento aprenderá os principios e elementos fundamentais da metodoloxía para a Xestión de proxectos desenvolvida por OGC, así como outras guías de recoñecido prestixio internacional como ITIL, dacordo ó framework de Boas Prácticas. A formación prepara nesta metodoloxía eminentemente práctica, para a xestión de todo tipo de proxectos, para a realización de funcións dentro dunha estrutura de proxecto, e céntrase especialmente en obter a certificación PRINCE 2 Foundations.

Centrándonos na calidade e un entendemento claro, o noso profesorado certificado impartirá unha formación completamente independente, é dicir, non condicionada ao uso de ningunha ferramenta ou software específico, nin a consultoría posterior, sendo este un principio fundamental das Boas Prácticas. Moitas organizacións europeas consideran PRINCE 2 como unha ferramenta básica no desempeño dos/as profesionais relacionados/as con calquera xestión de proxectos.

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña polo que tanto para a realización da proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar conten cun ordenador con conexión a internet con altofalantes ou auriculares, micro e webcam.

A inscrición poderá pecharse antes da data indicada no caso de alcanzarse o límite de 200 persoas inscritas.

 

Obxectivos :
  • Comprender o contexto e as características dos proxectos e a xestión de proxectos.
  • Comprender a estrutura, o foco e as vantaxes de PRINCE2® para a xestión de proxectos.
  • Comprender as características e a necesidade de contar cun Business Case.
  • Comprender o propósito e as responsabilidades dos roles asociados a PRINCE2®.
  • Comprender o propósito e enfoque de PRINCE2® en relación con:
    • A xestión dos riscos no proxecto
    • Xestión da calidade
    • A planificación dun proxecto con PRINCE2®
    • A xestión do control e seguemento do proxecto
  • Comprender a función de todos os produtos de xestión utilizados por PRINCE2® para garantir o éxito do proxecto.
  • Coñecer os procesos utilizados por PRINCE2®, as súas relacións, actividades e os produtos de xestión implicados en cada un deles.
  • Realizar exercicios para aplicar os coñecementos adquiridos.
  • Prepararse para aprobar o exame de certificación.

 

Dirixido a :

Todo profesional que considere adoptar  PRINCE2® para a xestión de proxectos.

En particular a:

  • Xestores/as de Proxectos
  • Xefes/as de Equipo
  • Coordinadores/as de Proxecto
  • Consultores/as
  • Provedores
Perfil do docente :

Trainer PRINCE2 Foundations e PRINCE2 Practitioner.

Dilatada experiencia en formación e dirección de proxectos.

 

  • Duración :
    24 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • PRINCE2
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 01: Presentación do curso

Módulo 02: Introdución, principios, temáticas e procesos

  • Definicións
  • Causa do fracaso nos proxectos
  • Actividades do Project Manager
  • Aspectos a xestionar
  • Elementos integrados en PRINCE2®
  • Beneficios de PRINCE2®
  • Principios
  • Temáticas e procesos

Módulo 03: Temática do Business Case

  • Propósito
  • Resultados, resultados finais e beneficios
  • Produtos de xestión relacionados

Módulo 04: Temática de organización

  • Propósito
  • Intereses do proxecto
  • Niveles de organización
  • Descrición dos roles asociados ao equipo de
  • Xestión do proxecto
  • Produtos de xestión relacionados

Módulo 05: Temática de risco

  • Propósito
  • Tipos de resposta aos riscos
  • Proceso de xestión do risco
  • Descrición dun risco
  • Produtos de Xestión relacionados

Módulo 06: Temática de calidade

  • Propósito
  • Conceptos clave
  • Planificación da calidade
  • Secuencia da auditoría da calidade
  • Produtos de xestión relacionados
  • Técnica de revisión da calidade

Módulo 07: Temática de plans

  • Propósito
  • Aspectos da planificación
  • Niveles de plan recomendados
  • Técnica de planificación baseada en produtos

Módulo 08: Temática de cambio

  • Propósito
  • Tipos de cuestión
  • Proceso de xestión da configuración
  • Control de cambios e cuestións
  • Produtos de xestión relacionados

Módulo 09: Temática de progreso

  • Propósito
  • Control do progreso
  • Tolerancias e delegación de autoridade
  • Fases de xestión efFases técnicas
  • Produtos de xestión relacionados

Módulo 10: Procesos

Este módulo describe aos procesos que deben funcionar para xestionar un proxecto baixo PRINCE2®, o propósito, os obxectivos e as actividades que levan a cabo nos dentro deles.

  • Proceso de posta en marcha dun proxecto
  • Proceso de dirección dun proxecto
  • Proceso de inicio dun proxecto
  • Proceso de control dunha fase
  • Proceso de entrega de produtos
  • Proceso de xestión dos límites de fase
  • Proceso de peche dun proxecto