Programación en Python - 2ª edición « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 11/03/2024
Data fin 22/03/2024
Certificación oficial Si
Exame PCAP - Certified Associate in Python Programming
Nº inscritos 148
Datos da edición
  • Período de inscrición : 01/02/2024 - 14/02/2024
  • Proba de selección : 19/02/2024 (17:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 11/03/2024 - 22/03/2024
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso guiará ao alumnado ata un nivel de coñecemento de programación que lle permita deseñar, escribir, depurar e executar programas codificados na linguaxe Python e comprender os conceptos básicos da tecnoloxía de desenvolvemento de software. Durante a formación, estudaranse aspectos da programación en Python tales como os módulos, paquetes, excepcións, procesamento de arquivos, así como técnicas xerais de codificación e programación orientada a obxectos (POO).

Obxectivos :
  • Aprender os conceptos universais da programación informática
  • Aprender a sintaxe e a semántica da linguaxe Python
  • Practicar habilidades para resolver os desafíos típicos de implementación
  • Utilizar os elementos máis importantes da biblioteca estándar de Python
  • Instalar a contorna de tempo de execución
  • Aprender a usar a programación orientada a obxectos en Python
  • Aprender a importar e usar módulos de Python
  • Controlar as excepcións
  • Procesar arquivos
Dirixido a :

O curso recoméndase para aspirantes a desenvolvedoras/es que estean interesadas/os en seguir carreiras relacionadas co desenvolvemento de software e a seguridade, as redes e o Internet das cousas (IoT).

Perfil do docente :

Formador/a acreditado coa certificación PCAP™ – Certified Associate in Python Programming 

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Python Institute
    • Python
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 1: Introdución a Python e á programación

  •   Python como unha linguaxe de programación moderno, universal e en crecemento
  •   Versións de Python e desenvolvemento da linguaxe
  •   Ferramentas e as contornas necesarias para comezar a programar en Python

Módulo 2: Tipos de datos, variables, operacións básicas de entrada e saída e operadores básicos

  •   Escribir e executar o teu primeiro programa en Python
  •   Literais de Python
  •   Operadores e expresións de Python
  •   Variables: como nomealas e usalas
  •   Operacións básicas de entrada e saída en Python

Módulo 3: Valores booleanos, execución condicional, bucles, listas e o seu procesamento, operacións lóxicas e a nivel de bits

  •   Tipo de datos booleanos
  •   Operadores relacionales en Python
  •   Toma de decisións en Python: if, if-else, if-elif-else
  •   Repetición de código mediante bucles: while e for
  •   Operacións lóxicas e de bit a bit en Python
  •   Listas en Python: construción, indexación, slicing e manipulación de contido
  •   COrdenar unha lista usando o algoritmo bubble-sort
  •   Listas multidimensionales e as súas aplicacións

Módulo 4: Funcións, tuplas, dicionarios e procesamento de datos

  •   Estruturación do código e concepto de funcións
  •   Invocación de funcións e devolución de resultados desde unha función
  •   Alcances dos nomes e shadowing de variables
  •   Tuplas: propósito, construción e uso
  •   Dicionarios: propósito, construción e uso
  •   Excepcións: try-except, algunhas excepcións útiles

Módulo 5: Módulos, paquetes e PIP

  •   Que é un módulo e por que o necesitamos?
  •   Importación e uso de módulos
  •   Revisión dalgúns módulos nativos útiles de Python
  •   Construír e usar paquetes
  •   PIP: unha navalla suíza para o mantemento de paquetes

Módulo 6: Excepcións, Strings e métodos sobre listas/strings

  •   Caracteres, strings e estándares de codificación
  •   Strings vs Listas: similitudes e diferenzas
  •   Métodos sobre listas
  •   Métodos sobre strings
  •   Erros en tempo de execución en Python
  •  Controlar o fluxo de erros mediante try e except
  •  Xerarquía das excepcións

Módulo 7: Programación orientada a obxectos en Python (OOP)

  •   Conceptos básicos de programación orientada a obxectos
  •   Do enfoque procedemental ao orientado a obxectos: motivacións e beneficios
  •   Clases, obxectos, propiedades e métodos
  •   Herdanza e polimorfismo
  •   As excepcións como obxectos

Módulo 8: Miscellaneous

  •   Xeradores, iteradores e closures