| Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Virtual |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 20/05/2024 |
| Data fin | 31/05/2024 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | PCAP - Certified Associate in Python Programming |
| Nº inscritos | 115 |
Este curso guiará ao alumnado ata un nivel de coñecemento de programación que lle permita deseñar, escribir, depurar e executar programas codificados na linguaxe Python e comprender os conceptos básicos da tecnoloxía de desenvolvemento de software. Durante a formación, estudaranse aspectos da programación en Python tales como os módulos, paquetes, excepcións, procesamento de arquivos, así como técnicas xerais de codificación e programación orientada a obxectos (POO).
- Aprender os conceptos universais da programación informática
- Aprender a sintaxe e a semántica da linguaxe Python
- Practicar habilidades para resolver os desafíos típicos de implementación
- Utilizar os elementos máis importantes da biblioteca estándar de Python
- Instalar a contorna de tempo de execución
- Aprender a usar a programación orientada a obxectos en Python
- Aprender a importar e usar módulos de Python
- Controlar as excepcións
- Procesar arquivos
O curso recoméndase para aspirantes a desenvolvedoras/es que estean interesadas/os en seguir carreiras relacionadas co desenvolvemento de software e a seguridade, as redes e o Internet das cousas (IoT).
Formador/a acreditado coa certificación PCAP™ – Certified Associate in Python Programming
- Duración :
40 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Python
- Python Institute
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
Módulo 1: Introdución a Python e á programación
- Python como unha linguaxe de programación moderno, universal e en crecemento
- Versións de Python e desenvolvemento da linguaxe
- Ferramentas e as contornas necesarias para comezar a programar en Python
Módulo 2: Tipos de datos, variables, operacións básicas de entrada e saída e operadores básicos
- Escribir e executar o teu primeiro programa en Python
- Literais de Python
- Operadores e expresións de Python
- Variables: como nomealas e usalas
- Operacións básicas de entrada e saída en Python
Módulo 3: Valores booleanos, execución condicional, bucles, listas e o seu procesamento, operacións lóxicas e a nivel de bits
- Tipo de datos booleanos
- Operadores relacionales en Python
- Toma de decisións en Python: if, if-else, if-elif-else
- Repetición de código mediante bucles: while e for
- Operacións lóxicas e de bit a bit en Python
- Listas en Python: construción, indexación, slicing e manipulación de contido
- COrdenar unha lista usando o algoritmo bubble-sort
- Listas multidimensionales e as súas aplicacións
Módulo 4: Funcións, tuplas, dicionarios e procesamento de datos
- Estruturación do código e concepto de funcións
- Invocación de funcións e devolución de resultados desde unha función
- Alcances dos nomes e shadowing de variables
- Tuplas: propósito, construción e uso
- Dicionarios: propósito, construción e uso
- Excepcións: try-except, algunhas excepcións útiles
Módulo 5: Módulos, paquetes e PIP
- Que é un módulo e por que o necesitamos?
- Importación e uso de módulos
- Revisión dalgúns módulos nativos útiles de Python
- Construír e usar paquetes
- PIP: unha navalla suíza para o mantemento de paquetes
Módulo 6: Excepcións, Strings e métodos sobre listas/strings
- Caracteres, strings e estándares de codificación
- Strings vs Listas: similitudes e diferenzas
- Métodos sobre listas
- Métodos sobre strings
- Erros en tempo de execución en Python
- Controlar o fluxo de erros mediante try e except
- Xerarquía das excepcións
Módulo 7: Programación orientada a obxectos en Python (OOP)
- Conceptos básicos de programación orientada a obxectos
- Do enfoque procedemental ao orientado a obxectos: motivacións e beneficios
- Clases, obxectos, propiedades e métodos
- Herdanza e polimorfismo
- As excepcións como obxectos
Módulo 8: Miscellaneous
- Xeradores, iteradores e closures