Cisco Network Security - 1ª edición « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial + virtual + teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 16/09/2024
Data fin 29/10/2024
Certificación oficial Non
Nº inscritos 37
Datos da edición
  • Período de inscrición : 03/06/2024 - 18/06/2024
  • Proba de selección : 24/06/2024 (17:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 16/09/2024 - 29/10/2024
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso abarca tecnoloxías de protección de dispositivos e das comunicacións de xestión e tráfico de usuario, de controis de accesos baseados en AAA así como algoritmos de cifrado, resume e firmas dixitais como elementos básicos para a conformación dunha infraestrutura de clave pública, así como a implementación de comunicacións seguras mediante estándares como IPSec.

Obxectivos :

Desenvolver en profundidade os principios nos que se asenta a seguridade en redes, así como coñecer as ferramentas de configuración e implementación dispoñibles.

Os contidos do curso preparan nas habilidades requiridas en perfís cunha orientación profesional dirixida á protección fronte a ameazas e á construción de redes e comunicacións seguras.

Dirixido a :

O curso está orientado a todos aquelas/es candidatas/os que desexen desenvolver en profundidade os principios nos que se asenta a seguridade en redes, así como coñecer as ferramentas de configuración e implementación dispoñibles

Os contidos do curso preparan nas habilidades requiridas en perfís con unha orientación profesional dirixida á protección fronte a ameazas e á construción de redes e comunicacións seguras.

Perfil do docente :

Instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad, certificadas/os nas especialidades que imparten. e con máis de 5 anos de experiencia nesta área.

  • Duración :
    140 horas (40h presenciais, 40h virtuais, 60h teleformación)
  • Metodoloxía :
    Presencial + virtual + teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  1. Redes Seguras
  2. Ameazas
  3. Mitigación de ameazas
  4. Fortificación do acceso aos dispositivos de rede
  5. Asignación de roles administrativos
  6. Monitorización e administración de dispositivos
  7. AAA: autenticación, autorización e auditoría
  8. Lista de control de acceso
  9. Tecnoloxías de Firewall
  10. Firewalls baseados en zonas
  11. Tecnoloxías IPS
  12. IPS: implementación e operación
  13. Endpoint security
  14. Consideracións de seguridade en capa 2
  15. Servizos criptográficos
  16. Integridade e autenticidade básicas
  17. Criptografía de clave pública
  18. VPNs
  19. Implementación de VPNs IPsec Site-to-Site con CLI
  20. Introdución aos firewalls ASA
  21. Configuración de firewalls ASA
  22. Probas de seguridade de rede