Cisco CCNA Cyberops Associate « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial + virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 26/05/2025
Data fin 20/06/2025
Certificación oficial Si
Exame Understanding Cisco Cybersecurity Operations Fundamentals (CBROPS) (En inglés)
Nº inscritos 30
Datos da edición
  • Período de inscrición : 31/03/2025 - 13/04/2025
  • Proba de selección : 22/04/2025 (18:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. Clases presenciais: 26, 27, 28 de maio; 2, 4, 5, 9, 12, 16, 19 de xuño Clases virtuais:  29, 30 de maio; 3, 6, 10, 11, 13, 17, 18, 20 de xuño
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 26/05/2025 - 20/06/2025
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

CCNA Cybersecurity Operations - CYBER OPS introduce os coñecementos e habilidades necesarias para asumir con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades das/os analistas de seguridade de nivel asociado que traballan en centros de operacións de seguridade (SOC). Este curso introduce os conceptos de seguridade fundamentais e habilidades necesarias para supervisar, detectar, analizar e dar resposta á ciberdelincuencia, ciberespionaxe, ameazas internas, ameazas persistentes avanzadas, requisitos normativos e outros problemas de ciberseguridade aos que se enfrontan as organizacións. Así mesmo, fai fincapé na aplicación práctica das habilidades necesarias para manter e garantir a dispoñibilidade de seguridade operativa dos sistemas en rede.

A formación ten unha duración de 80 horas presenciais (40 presenciais e 40 en aula virtual síncrona).

HORARIO: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.

. Clases presenciais: 26, 27, 28 de maio; 2, 4, 5, 9, 12, 16, 19 de xuño

. Clases virtuais:  29, 30 de maio; 3, 6, 10, 11, 13, 17, 18, 20 de xuño

 

Obxectivos :

Unha vez rematado o curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para:

  • Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles
  • Describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede
  • Demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade
  • Clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas
  • Realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC)
Dirixido a :

Dirixido a profesionais de IT (enxeñeiras/os de Networking, administradoras/es de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área de demanda crecente e nos procedementos empregados nun Centro de Operacións de Seguridade -SOC. Débense destacar os escenarios prácticos do curso baseados nas distribucións de Kali Linux e Security Onion, que incorporan ferramentas especializadas en probas de penetración e auditoría, así como ferramentas de análise, clasificación e monitorización de alertas.

Para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumnado teña coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e/ou Linux, e un nivel de coñecementos previos en redes equivalente a ter completados os módulos 1 e 2 do curso CCNA R&S (conceptos básicos de redes, coñecemento de sistemas binarios e hexadecimais, conceptos básicos de programación e coñecemento de consultas básicas de SQL).

 

O manual e a certificación do curso están en inglés.

Perfil do docente :

O persoal docente son instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad e certificadas/os nas especialidades que imparten. Teñen máis de 5 anos de experiencia nesta área.

  • Duración :
    80 horas (40h presenciais, 40h virtuais)
  • Metodoloxía :
    Presencial + virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Módulo 1. Ciberseguridade: o Centro de Operacións de Seguridade – SOC

Módulo 2. Sistema operativo Windows

Módulo 3. Sistema operativo Linux

Módulo 4. Protocolos e servizos de rede

Módulo 5. Infraestrutura de rede

Módulo 6. Principios de seguridade en rede

Módulo 7. Ataques de rede: Unha inspección detallada

Módulo 8. Protección da rede

Módulo 9. Infraestrutura e Criptografía de clave pública

Módulo 10. Análise e seguridade de dispositivos finais

Módulo 11. Monitorización de seguridade

Módulo 12. Análise de datos de intrusións

Módulo 13. Resposta e xestión de incidencias