CCNP Enterprise: Advanced Routing (CCNP ENARSI v8) - 1ª edición « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial + virtual + teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 20/10/2025
Data fin 28/11/2025
Certificación oficial Si
Exame 300-410 ENARSI: Implementing Cisco Enterprise Advanced Routing and Services
Nº inscritos 17
Datos da edición
  • Período de inscrición : 22/09/2025 - 05/10/2025
  • Proba de selección : 07/10/2025 (18:30)
  • Horario : Horario presencial/virtual: 16:30 a 20:30 horas Presencial: 20, 21, 27 e 28 outubro. 3, 4, 10,17, 24 e 27 novembro. Virtual: 29 e 30 outubro. 5, 6,11, 12, 13, 18, 19 e 20 novembro. Teleformación (horario de referencia de 15:30 a 21:30): 22, 23, 24 e 31 outubro. 7, 14, 21, 25, 26 e 28 novembro.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 20/10/2025 - 28/11/2025
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso enmárcase no programa Cisco Networking Academy, para ofrecer un profundo coñecemento das arquitecturas e as habilidades de implementación prácticas requiridas en redes empresariais. Con esta formación obterase o coñecemento e as habilidades precisas para configurar e administrar redes corporativas, centrándose na implementación e resolución de problemas en tecnoloxías de enrutamento e servizos avanzados.
Ademais de expor en detalle os protocolos de enrutamento avanzados, utilizados tanto en redes corporativas como de provedor, trátanse os conceptos de servizos avanzados en comunicacións VPN de capa 3, os servizos de infraestrutura, e de seguridade da infraestrutura, e desenvólvense as competencias precisas para a súa configuración e implementación.

HORARIO 

Horario presencial/virtual: 16:30 a 20:30 horas

Presencial: 20, 21, 27 e 28 outubro. 3, 4, 10,17, 24 e 27 novembro.

Virtual: 29 e 30 outubro. 5, 6,11, 12, 13, 18, 19 e 20 novembro.

Teleformación (horario de referencia de 15:30 a 21:30): 22, 23, 24 e 31 outubro. 7, 14, 21, 25, 26 e 28 novembro.

Obxectivos :
  • Obter o coñecemento e as habilidades precisas para configurar e administrar redes corporativas, centrándose na implementación e resolución de problemas en tecnoloxías de enrutamento e servizos avanzados.
  • Coñecer os conceptos de servizos avanzados en comunicacións VPN de capa 3, os servizos de infraestrutura e de seguridade da infraestrutura, e desenvólvense as competencias precisas para a súa configuración e implementación.
Dirixido a :

O curso está dirixido de xeito específico a profesionais IT que desexen profundar e consolidar os seus coñecementos e capacidades como expertos en redes e Internet tanto no ámbito do provedor de servizos ISP (administradoras/es de redes, técnicas/os de soporte de rede e help-deskers) como no ámbito do Networking empresarial. Tamén está enfocado ao alumnado post-universitarios que desexen orientar a súa carreira profesional na contorna do Networking.

Prerrequisitos: para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que se dispoña da certificación CCNA.

Perfil do docente :

Instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad, certificadas/os nas especialidades que imparten. e con máis de 5 anos de experiencia nesta área.

  • Duración :
    140 horas (40h presenciais, 40h virtuais, 60h teleformación)
  • Metodoloxía :
    Presencial + virtual + teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
    • Ciberseguridade
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Capítulo 1. Revisión de direccionamento e reenvío de paquetes IPv4/IPv6
  • Capítulo 2. EIGRP
  • Capítulo 3. EIGRP avanzado
  • Capítulo 4. Resolución de problemas EIGRP IPv4
  • Capítulo 5. EIGRPv6
  • Capítulo 6. OSPF
  • Capítulo 7. OSPF Avanzado
  • Capítulo 8. Resolución de problemas OSPFv2
  • Capítulo 9. OSPFv3
  • Capítulo 10. Resolución de problemas OSPFv3
  • Capítulo 11. BGP
  • Capítulo 12. BGP Avanzado
  • Capítulo 13. BGP – Selección de ruta
  • Capítulo 14. Resolución de problemas BGP
  • Capítulo 15. Route Maps e reenvío condicional
  • Capítulo 16. Redistribución de rutas
  • Capítulo 17. Resolución de problemas de Redistribución
  • Capítulo 18. VRF, MPLS y VPNs MPLS de capa 3
  • Capítulo 19. Túneles DMVPN
  • Capítulo 20. Seguridade de túneles DMVPN
  • Capítulo 21. Resolución de problemas de ACLs y Prefix Lists
  • Capítulo 22. Infraestructura de Seguridade
  • Capítulo 23. Resolución de problemas de xestión de dispositivos e das ferramentas de xestión