Certified Information System Auditor (CISA) « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 16/06/2025
Data fin 25/06/2025
Certificación oficial Si
Exame CISA
Nº inscritos 60
Datos da edición
  • Período de inscrición : 05/05/2025 - 18/05/2025
  • Proba de selección : 26/05/2025 (16:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas. O venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 16/06/2025 - 25/06/2025
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O curso Certified Information System Auditor (CISA) está dirixido a conseguir a certificación CISA. Esta certificación ISACA é a certificación líder e recoñecida internacionalmente para xestores de seguridade da información.

O material formativo é en inglés.

O examen de certificación, nestes momentos, é exclusivamente en inglés.

 

Obxectivos :

Ao final do curso aprenderás:

  • A describir a influencia da propiedade e control do risco no programa de seguridade da información
  • A aplicar estratexias, suxestións e técnicas para superar o exame
  • A describir os procesos e métodos utilizados para investigar, avaliar e conter un incidente
  • A utilizar os coñecementos clave para preguntas prácticas
Dirixido a :
  • Directoras/es, xerentas/es, consultoras/es de auditoría de TI
  • Auditoras/es informáticos
  • Directoras/es de cumprimento, risco, privacidade
  • Directoras/es, xestoras/es, consultoras/es de TI
Perfil do docente :

APMG Certified Trainer CISA

  • Duración :
    30 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • ISACA
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Dominio 1. Proceso de auditoría de sistemas de información

Dominio 2. Goberno e xestión das TI

Dominio 3. Adquisición, desenvolvemento e implantación de sistemas de información

Dominio 4. Operacións dos sistemas de información e resiliencia empresarial

Dominio 5. Protección dos bens de información