| Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 10/11/2025 |
| Data fin | 14/11/2025 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | Scrum Manager® Scrum Master |
| Nº inscritos | 40 |
Este curso ofrece unha formación práctica e completa sobre o rol do Scrum Master en contornas áxiles, seguindo os principios de Scrum Manager. Aprenderás a liderar equipos de traballo, facilitar procesos e fomentar a colaboración para alcanzar obxectivos en proxectos áxiles. A través de casos prácticos e dinámicas participativas, adquirirás as habilidades necesarias para impulsar a adopción de metodoloxías áxiles, xestionar impedimentos e asegurar o cumprimento dos valores e piares do marco Scrum. Ideal para quen busca especializarse na xestión áxil de proxectos e o liderado efectivo de equipos.
- Coñecer a orixe e os principios e técnicas que inspiran Scrum.
- Entender as diferenzas con outros marcos de traballo de xestión de proxectos.
- Comprender todos os roles, cerimonias e artefactos de Scrum, e a razón de cada un deles.
- Analizar os desafíos da implementación do devandito marco nas empresas.
- Entender da necesidade de evolucionar Scrum cara a un modelo colaborativo e escalado.
- Aprender a adaptar as prácticas e os roles á organización para conseguir a autoorganización baseada nos principios de Scrum, máis que na aplicación das prácticas estándar.
- Obter a certificación Scrum Manager® Scrum Master e os 150 puntos de autoridade (PDA) correspondentes
O curso está dirixido a profesionais interesados en liderar equipos áxiles e mellorar a xestión de proxectos baixo o marco Scrum. Está orientado a Scrum Masters en formación, líderes de equipo, xerentes de proxecto, desarrolladores/as, analistas de negocio e calquera persoa involucrada en proxectos que busque especializarse en metodoloxías áxiles e optimizar o traballo colaborativo. Recoméndase contar con coñecementos básicos de xestión de proxectos ou experiencia previa en contornas de desenvolvemento áxil.
- Formador certificado por Scrum Manager®.
- Máis de 5 anos de experiencia profesional.
- Máis de 4 anos de experiencia docente.
- Profesional activo en empresas do sector IT.
- Duración :
20 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Scrum Manager
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
Módulo 1: Introdución
- Axilidade
- O Manifesto Áxil
- Desmontando a xestión de proxectos
- Diferenciando prácticas de principios e valores
Módulo 2: O ciclo Scrum
- Comprometidos e implicados
- Roles
- Artefactos
- Eventos
- Medición e estimación áxil
Módulo 3: Principios e valores Scrum
- Principios
- Valores
- As persoas e os seus roles
- Artefactos
- Eventos
- Prácticas para flexibilizar Scrum