| Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial + virtual + teleformación |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 12/01/2026 |
| Data fin | 24/03/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | 200-301 CCNA | Implementing and Administering Cisco Solutions (En inglés) |
| Nº inscritos | 31 |
Este é un curso de carácter teórico e práctico, que combina formación presencial (140 horas: 70 presenciais e 70 en aula virtual síncrona-) e teleformación (70 horas titorizadas). O curso aborda conceptos e prácticas de redes de comunicacións, dende as aplicacións de rede aos protocolos e servizos proporcionados polas devanditas aplicacións ás capas inferiores da rede. Desenvolverase de forma progresiva, dende as tarefas básicas de networking ata os modelos moito máis complexos das redes corporativas.
O currículo do curso CCNA (CCNA v7) proporciona unha ampla cobertura, integrada e comprensiva, de conceptos de redes de comunicacións, partindo dos fundamentos e afondando en aplicacións e servizos avanzados. Ademais, facilítalles ao alumnado a adquisición de habilidades prácticas e a obtención de experiencia na configuración e administración de dispositivos de rede reais.
HORARIO
Horario presencial/virtual: 16:30 a 20:30 horas
Presencial: 12, 13, 19, 20 e 26 xaneiro, 2, 3, 9 ,10, 23 e 24 febreiro, 2, 3, 9, 10, 11, 16 e 23 marzo.
Virtual: 21, 22, 27 e 29 xaneiro, 4, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 febreiro, 4, 5, 11, 12, 17, 18 e 24 marzo.
Teleformación (horario de referencia de 16:30 a 21:30): 14, 15, 16, 23, 28 e 30 xaneiro, 5, 6, 13, 20 e 27 febreiro, 6, 13 e 20 marzo.
O presente curso ten como obxectivo formar a perfís técnicos na xestión, administración e resolución de incidencias en redes de comunicacións corporativas de alcance local.
Ao longo dos tres módulos que conforman a actual versión deste currículo, o alumnado adquirirá coñecementos no deseño, construción e mantemento de redes de computadores e a súa aplicación en contornas empresariais. Así mesmo resaltar, nesta versión recentemente actualizada do curso CCNA v7, a inclusión dos métodos de implementación de QoS, a implementación de políticas de seguridade e, no contexto de tecnoloxías punteiras en redes, o tratamento da virtualización de rede e a arquitectura e xestión das SDN - redes definidas por software, para a programación de redes e a automatización de tarefas.
A superación dos módulos que compoñen o curso prepara as aspirantes para facer fronte ao exame 200-301 CCNA v7, requirido para a obtención da credencial Cisco Certified Network Associate - Certificación CCNA.
Exame de certificación incluído: 200-301 CCNA - Cisco Certified Network Associate Exam. O manual e a certificación están dispoñibles en inglés.
A posibilidade de presentarse a exame por parte do alumnado estará suxeita á superación do curso co aproveitamento esixido polo CNTG e Cisco, ademais da obtención do correspondente voucher académico que o acredite.
Está especialmente recomendado para alumnado de grao medio e superior de FP do ámbito das telecomunicacións e de informática; para estudantes ou graduados de titulacións universitarias técnicas como informática, telecomunicacións, física, matemáticas ou enxeñería industrial; e tamén está altamente recomendado para traballadoras/es en activo que desexen mellorar o seu nivel de cualificación ou para aquelas que traballaron na área de redes e sistemas e non contan con acreditación.
O curso CCNA v7 non require coñecementos previos. Aínda así, recoméndanse competencias introdutorias na administración de redes e sistemas e coñecementos mínimos de inglés técnico para lograr un mellor aproveitamento e comprensión do curso.
As/Os docentes son instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad e certificadas/os nas especialidades que imparten. Teñen máis de 6 anos de experiencia nesta área.
- Duración :
210 horas (70h presenciais, 70h virtuais, 70h teleformación) - Metodoloxía :
Presencial + virtual + teleformación - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Cisco Systems
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
Módulo 1. ITN - Introdución ás redes
- 1. As redes na actualidade
- 2. Configuración básica de switches e dispositivos
- 3. Protocolos e modelos
- 4. Sistemas numéricos
- 5. Capa física
- 6. Capa de ligazón de datos
- 7. Conmutación Ethernet
- 8. Capa de rede
- 9. Resolución de enderezo
- 10. Configuración básica dun encamiñador
- 11. Asignación de enderezos IPv4
- 12. Asignación de enderezos IPv6
- 13. ICMP
- 14. Capa de transporte
- 15. Capa de aplicación
- 16. Fundamentos de seguridade da rede
- 17. Creación dunha rede pequena
Módulo 2. SRWE - Fundamentos de conmutación, encamiñamento e comunicacións sen fíos
- 1. Configuración básica de dispositivos
- 2. Conceptos de conmutación
- 3. VLAN
- 4. Encamiñamento entre VLAN
- 5. STP
- 6. EtherChannel
- 7. DHCPv4
- 8. Conceptos SLAAC e DHCPv6
- 9. Conceptos de FHRP
- 10. Conceptos de seguridade de LAN
- 11. Configuración de seguridade do switch
- 12. Conceptos de WLAN
- 13. Configuración de WLAN
- 14. Conceptos de encamiñamento
- 15. Camiños IP estáticos
- 16. Solución de problemas de camiños estáticos e predeterminados
Módulo 3. ENSA - Redes empresariais, seguridade e automatización
- 1. Conceptos de OSPFv2 de área única
- 2. Configuración de OSPFv2 de área única
- 3. Conceptos de seguridade da rede
- 4. Conceptos de ACL
- 5. Configuración de ACL para IPv4
- 6. NAT para IPv4
- 7. Conceptos de WAN
- 8. Conceptos de VPN e IPSec
- 9. Conceptos de QoS
- 10. Administración de redes
- 11. Deseño de rede
- 12. Resolución de problemas de rede
- 13. Virtualización da rede
- 14. Automatización da rede