| Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 19/01/2026 |
| Data fin | 23/01/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | ITIL Foundation V4 |
| Nº inscritos | 76 |
O curso de ITIL Fundamentos v4 está deseñado para proporcionar unha introdución completa ao marco actualizado de ITIL, o estándar máis utilizado para a xestión de servizos de TI. ITIL Foundatcion V4 pon un maior énfase na integración de TI coas necesidades do negocio a través dun enfoque máis flexible, áxil e adaptado ás contornas dixitais modernas. Durante o curso, os participantes aprenderán os conceptos clave do modelo de valor do servizo, as prácticas de xestión e a evolución da xestión de servizos. Ademais, o curso prepara ao alumnado para obter a certificación ITIL fundamento v4 un paso esencial para avanzar no campo da xestión de servizos de TI.
- Capacitarse para pasar o exame de certificación ITIL 4 Foundation, asegurando que os participantes comprendan os conceptos clave e principios de ITIL.
- Familiarizarse cos conceptos e termos esenciais do marco de ITIL, incluíndo o modelo de valor do servizo e as prácticas de xestión de servizos.
- Comprender a importancia da xestión de servizos de TI na alineación da tecnoloxía cos obxectivos do negocio, contribuíndo ao éxito organizacional.
- Desenvolver habilidades prácticas para aplicar os principios de ITIL en situacións reais, mellorando así a eficiencia e efectividade na entrega de servizos de TI.
O curso de ITIL Fundamentos versión 4 pode ir dirixido a unha variedade de perfís, incluíndo:
- Profesionais de TI que buscan mellorar as súas habilidades na xestión de servizos
- Xerentes de TI que desexan alinear mellor os servizos de TI cos obxectivos do negocio
- Consultores/as que traballan na implementación de mellores prácticas en organizacións
- Estudantes que aspiran a comezar unha carreira na xestión de servizos de TI
- Responsables de proxectos que necesitan comprender os principios de ITIL para mellorar a entrega de servizos
- Persoal de soporte técnico que busca mellorar a satisfacción do cliente a través dun mellor manexo dos servizos
Este curso é ideal para calquera persoa interesada en comprender como a xestión de servizos de TI pode contribuír ao éxito organizacional.
A formadora conta cunha ampla experiencia na ensinanza de ITIL e na aplicación práctica deste marco en contornas reais. O seu profundo coñecemento e a súa capacidade para transmitir conceptos complexos de forma clara e accesible garantizan unha formación efectiva, enriquecendo a experiencia de aprendizaxe dos/as participantes.
- Duración :
20 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- ITIL
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
INTRODUCIÓN E RESUMO DE ITIL® 4• INTRODUCIÓN A ITIL® 4
- Estrutura e beneficios dos compoñentes clave
- SVS: Sistema de Valor do Servizo
- Esquema de certificacións
ITIL®XESTIÓN DO SERVIZO: CONCEPTOS CLAVE
- Valor e co-creación de valor
- Servizos e produtos
- Relacións do servizo
- Valor: efectos, custos e riscos
AS CATRO DIMENSIÓNS DA XESTIÓN DO SERVIZO
- Organizacións e persoas
- Información e tecnoloxía
- Socios e provedores
- Integración e xestión do servizo
- Fluxos de valor e procesos
- Factores externos
SVS: O SISTEMA DE VALOR DO SERVIZO
- Descrición xeral do Sistema de Valor do Servizo
- Oportunidade, demanda e valor
- Gobernanza
- A cadea de valor do servizo
- Actividades da cadea de valor do servizo:
- Os principios reitores de ITIL® e as prácticas de xestión de ITIL®
PRÁCTICAS ITIL® DE XESTIÓN XERAL
- Xestión da arquitectura
- Mellora continua
- O modelo CSA paso a paso
- A práctica da mellora continua
- Xestión da seguridade da información
- Xestión do coñecemento
- Medición e reporte
- Xestión do portafolios de servizos
- Xestión do cambio organizativo
- Xestión de proxectos
- Xestión de relacións
- Xestión de riscos
- Xestión financeira do servizo
- Xestión da estratexia
- Xestión de provedores
- Xestión do persoal e do talento
PRÁCTICAS ITIL® DE XESTIÓN DO SERVIZO
- Xestión da dispoñibilidade
- Análise de negocio
- Xestión da capacidade e do rendemento
- Control de cambios
- Xestión de incidencias
- Xestión de Activos TI
- Monitorización e xestión de eventos
- Xestión de problemas
- Xestión de versións liberadas ou Releases
- Xestión do catálogo de servizos
- Xestión da configuración do servizo
- Xestión da continuidade do servizo
- Deseño do servizo
- Service Desk
- Xestión do nivel de servizo
- Validación do servizo e probas
PRÁCTICAS ITIL® DE XESTIÓN TÉCNICA
- Xestión do despregamento
- Xestión de infraestruturas e plataformas
- Xestión e desenvolvemento do software