| Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 23/03/2026 |
| Data fin | 27/03/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | Scrum Manager® Scrum Master |
| Nº inscritos | 0 |
Este curso ofrece o coñecemento e comprensión necesaria para a adopción flexible de axilidade en empresas de software e doutros sectores con interese en aplicar metodoloxías áxiles na súa organización a nivel de equipos. Flexible porque ademais das prácticas concretas do modelo Scrum, cobre os principios e criterios para a súa adecuación á propia empresa e xestionar a súa mellora continua.
En concreto verase o marco de Scrum, como unha maneira de iniciar a implementación da axilidade nunha organización e exemplos concretos de aplicación en diversos equipos e empresas. Revisaranse os fundamentos de Kanban e recomendacións de boas prácticas na súa utilización por un equipo que desenvolve o seu traballo con Scrum. Ademais, veranse unhas nocións sobre escalado, co obxectivo de que o alumnado poida ter un horizonte de evolución na implantación de Scrum, cando hai necesidade de sincronizar dependencias entre varios equipos Scrum.
É unha formación baseada na práctica: simulacións de scrum, plan de produto, product backlog, estimación áxil, taboleiros Kanban e vídeos relacionados.
O alumnado que supere os requisitos do curso e o exame, que se realizará durante a última sesión do curso, obterá a certificación profesional oficial "Scrum Master" do organismo certificador Scrum Manager.
Aprender e comprender:
- As razóns, fortalezas e debilidades dos modelos de procesos e prácticas da industria do software
- A xestionar proxectos e equipos de programación cos criterios de procesos e axilidade máis adecuados ás características da súa empresa e do seu produto
- As fortalezas, debilidades e criterios de decisión entre xestión preditiva e xestión áxil
- Os criterios e estratexias para a xestión áxil de proxectos/produtos e equipos para desenvolvemento de software
- Todos os compoñentes do modelo Scrum de forma práctica: roles e responsabilidades, eventos, artefactos do equipo e métricas
- Responsabilidades e estratexias da organización na implantación e mellora dunha "Scrum Management"
Xestoras/es de proxectos e empresas TIC, programadoras/es, técnicas/os e profesionais ou estudantes interesadas/os nas metodoloxías áxiles.
- Agile coach e formador
- Scrum Manager Trainer (Formador oficial Scrum Manager)
- Kanban University Accredited Kanban Trainer (AKT)
- SPC - SAFe Practice Consultant, SAFe Release Train Engineer, Lean Six Sigma Green & Yellow Belt
- Team leader & Project manager
- Agile coach con ampla experiencia profesional en transformacións áxiles de grandes organizacións, PEME e Administracións públicas
- Duración :
20 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Scrum Manager
- Beneficios :
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
Fundamentos
- Introdución
- Manifesto áxil
- O novo escenario
- Ciclo de desenvolvemento tradicional
- Ciclo de desenvolvemento áxil
- Orixe de Scrum
- Scrum técnico - Scrum avanzado
Artefactos e Eventos de Scrum como marco de xestión áxil
- Os compoñentes de Scrum
- Pila de produto
- Pila de sprint
- Incremento
- Reunión de planificación
- Reunión diaria
- Reunións de revisión e retrospectiva
Roles en Scrum
- O equipo Scrum
- Roles e responsabilidades
Métricas e estimacións de Scrum
- Métricas
- A velocidade
- Unidades de estimación
- Estratexia de estimación
Gráficos de seguimento de Scrum
- Burn-up
- Burn-down
Simulación Scrum
Exame de certificación Scrum Manager
Metodoloxía e ferramentas: ao longo do curso realízanse diferentes prácticas, incluíndo unha simulación dun ciclo scrum e de kanban. Utilízaranse ferramentas como: easyretro, flowban, kanbanflow, trello etc., entre outras.