| Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial + virtual |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 25/05/2026 |
| Data fin | 19/06/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | Understanding Cisco Cybersecurity Operations Fundamentals (CBROPS) (En inglés) |
| Nº inscritos | 0 |
CCNA Cybersecurity Operations - CYBER OPS introduce os coñecementos e habilidades necesarias para asumir con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades das/os analistas de seguridade de nivel asociado que traballan en centros de operacións de seguridade (SOC). Este curso introduce os conceptos de seguridade fundamentais e habilidades necesarias para supervisar, detectar, analizar e dar resposta á ciberdelincuencia, ciberespionaxe, ameazas internas, ameazas persistentes avanzadas, requisitos normativos e outros problemas de ciberseguridade aos que se enfrontan as organizacións. Así mesmo, fai fincapé na aplicación práctica das habilidades necesarias para manter e garantir a dispoñibilidade de seguridade operativa dos sistemas en rede.
A formación ten unha duración de 80 horas presenciais (40 presenciais e 40 en aula virtual síncrona).
HORARIO: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
. Clases presenciais: 25, 26, 27 de maio; 1, 4, 8, 11, 15, 18 de xuño
. Clases virtuais: 28, 29 de maio; 2, 3, 5, 9, 10, 12, 16, 17, 19 de xuño
Unha vez rematado o curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para:
- Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles
- Describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede
- Demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade
- Clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas
- Realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC)
Dirixido a profesionais de IT (enxeñeiras/os de Networking, administradoras/es de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área de demanda crecente e nos procedementos empregados nun Centro de Operacións de Seguridade -SOC. Débense destacar os escenarios prácticos do curso baseados nas distribucións de Kali Linux e Security Onion, que incorporan ferramentas especializadas en probas de penetración e auditoría, así como ferramentas de análise, clasificación e monitorización de alertas.
Para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumnado teña coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e/ou Linux, e un nivel de coñecementos previos en redes equivalente a ter completados os módulos 1 e 2 do curso CCNA R&S (conceptos básicos de redes, coñecemento de sistemas binarios e hexadecimais, conceptos básicos de programación e coñecemento de consultas básicas de SQL).
O manual e a certificación do curso están en inglés.
O persoal docente son instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad e certificadas/os nas especialidades que imparten. Teñen máis de 5 anos de experiencia nesta área.
- Duración :
80 horas (36h presenciais, 44h virtuais) - Metodoloxía :
Presencial + virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Cisco Systems
- Ciberseguridade
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 10 horas
Módulo 1. Ciberseguridade: o Centro de Operacións de Seguridade – SOC
Módulo 2. Sistema operativo Windows
Módulo 3. Sistema operativo Linux
Módulo 4. Protocolos e servizos de rede
Módulo 5. Infraestrutura de rede
Módulo 6. Principios de seguridade en rede
Módulo 7. Ataques de rede: Unha inspección detallada
Módulo 8. Protección da rede
Módulo 9. Infraestrutura e Criptografía de clave pública
Módulo 10. Análise e seguridade de dispositivos finais
Módulo 11. Monitorización de seguridade
Módulo 12. Análise de datos de intrusións
Módulo 13. Resposta e xestión de incidencias