Seguridade en IoT « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 22/06/2026
Data fin 03/07/2026
Certificación oficial Non
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 27/04/2026 - 13/05/2026
  • Proba de selección : 20/05/2026 (19:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 22/06/2026 - 03/07/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O rápido aumento do número de dispositivos IoT conectados permite a dixitalización de todo o mundo pero, ao mesmo tempo, intensifica a exposición ás ameazas de seguridade.

Con este curso dotarase ao alumnado de recursos para empregar as tecnoloxías máis avanzadas para realizar avaliacións de riscos e vulnerabilidades e, a continuación, investigará e recomendará aplicar estratexias de mitigación de riscos contra ameazas de seguridade comúns nos sistemas IoT.

Obxectivos :

O curso IoT Fundamentals: IoT Security ensínalles ás/aos estudantes as habilidades de White Hat Hacker orientadas a realizar avaliacións de vulnerabilidade e risco. Tamén investiga e recomenda estratexias de mitigación para as ameazas comúns de seguridade nos sistemas IoT.

Partindo duns coñecementos básicos, ao longo dos 6 temas do curso o alumnado será quen de acadar os obxectivos de coñecemento que o capaciten para detectar e mitigar as ameazas de seguridade nos sistemas IoT.

Dirixido a :

Está especialmente recomendado para o alumnado de grao medio e superior de FP do ámbito das telecomunicacións e de informática; para o alumnado ou as persoas graduadas en titulacións universitarias técnicas e tamén está altamente recomendado para traballadoras/es en activo que busquen obter as habilidades de White Hat Hacker.

Perfil do docente :

Son instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad e certificados nas especialidades que imparten.

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
    • Ciberseguridade
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Seguridade en IoT

1. IoT baixo ameaza

1.1 Desafíos

1.2 Casos de uso

2. Sistemas e arquitecturas IoT

2.1. Modelos de sistemas IoT

2.2 Modelos de seguridade IoT

2.3 Modelado de ameazas

3. Superficie de ataque nos dispositivos IoT

3.1 Introdución a dispositivos IoT

3.2 Vulnerabilidades e ataques ao hardware

3.3 Mitigación de ameazas na capa física

4. Superficie de ataque nas comunicacións IoT

4.1 A capa de comunicacións en IoT

4.2 Vulnerabilidades TCP/IP en IoT

4.3 Mitigación de ameazas IoT