Fundamentos de ITIL (v5) « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 27/04/2026
Data fin 30/04/2026
Certificación oficial Si
Exame Fundamentos de ITIL® (Versión 5)
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/03/2026 - 19/03/2026
  • Proba de selección : 23/03/2026 (17:00)
  • Horario : De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 27/04/2026 - 30/04/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso proporciona a líderes de TI, profesionais, persoal de soporte e a quen interactúa coas funcións de sistemas dixitais e de información da organización unha comprensión práctica dos conceptos clave, a linguaxe común, os principios e as prácticas que permiten unha xestión eficaz dos servizos modernos habilitados por TI. Tamén prepara aos participantes para o Exame de certificación ITIL® Foundation. O curso baséase no sistema de valor de boas prácticas de ITIL® versión 5, recollido nas últimas directrices de 2026.

ITIL® é unha marca rexistrada do grupo PeopleCert. Utilízase baixo licenza de PeopleCert.

Obxectivos :

Tras completar este curso, poderás:

  • comprender os conceptos clave da xestión de produtos e servizos dixitais
  • comprender as relacións de servizo
  • comprender as catro dimensións de ITIL para a xestión de produtos e servizos
  • comprender o Sistema de Valor de ITIL (ITIL VS)
  • comprender como os Principios Guía de ITIL poden axudar a unha organización para adoptar e adaptar a xestión de servizos
  • comprender o Modelo do Ciclo de Vida de Produto e Servizo de ITIL e as actividades da cadea de valor
  • comprender as prácticas de xestión de ITIL
  • comprender os beneficios do mapeo e a xestión de fluxos de valor (value streams)
  • comprender como a IA afecta a ITIL, que é a gobernanza da IA e como ITIL interactúa con outros marcos (PRINCE2® e DevOps)
Dirixido a :

Este curso está dirixido a profesionais de TI de todos os niveis e a quen participa no deseño, a construción, a prestación e a xestión de produtos e servizos dixitais modernos.

Terán prioridade para obter praza aquelas persoas solicitantes que non realizasen un curso de Fundamentos de ITIL v4 no CNTG nas 3 programacións anteriores á actual.

Perfil do docente :

O docente, Ramón Marcos Vivancos, é un profesional experto que conta con máis de 30 anos de experiencia como formador. Impartiu formación para empresas de primeiro nivel e está altamente especializado en ITIL, con certificacións como ITIL® Foundation (Version 5), ITIL 4 Master, ITIL 3 Expert e múltiples credenciais avanzadas de ITIL 4 (Managing Professional, Strategic Leader, Practice Manager e módulos Specialist), ademais de certificacións complementarias como PRINCE2 Foundation e Lean IT Foundation, o que avala a súa idoneidade para a formación e preparación do alumnado para o exame oficial de ITIL Foundation (V5).

  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • ITIL
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 1 - Termos e definicións crave de ITIL

  • Xestión de produtos e servizos
  • Experiencia, Estratexia e Transformación
  • Ofertas de servizo
  • Cocreación de valor
  • Relaciones de servizo

Módulo 2 - As catro dimensións de ITIL para a xestión de produtos e servizos

  • Introdución ás catro dimensións de ITIL para a xestión de produtos e servizos
  • Factores internos e factores externos

Módulo 3 - O ciclo de vida de produtos e servizos en ITIL

  • • Introdución ao ciclo de vida de produtos e servizos en ITIL
  • • Propósito e alcance das actividades do ciclo de vida de produtos e servizos en ITIL

Módulo 4 - O Sistema de Valor de ITIL

  • Compoñentes do Sistema de Valor de ITIL
  • Principios guía de ITIL
  • Gobernanza
  • Cadea de valor
  • Prácticas de xestión
  • Modelo de mellora continua de ITIL

Módulo 5 - Identificación, mapeo e xestión do fluxo de valor (value stream)

  • Conceptos clave do mapeo e a xestión de fluxos de valor
  • Aplicación dos fluxos de valor
  • Propósito do mapeo e a xestión de fluxos de valor

Módulo 6 - ITIL e IA

  • Introdución á IA
  • ITIL e a gobernanza da IA

Módulo 7 - ITIL e outros marcos de traballo

  • ITIL e DevOps
  • ITIL e PRINCE2