CCNA CyberOps Associate « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 22/05/2023
Data fin 15/06/2023
Certificación oficial Si
Exame 200-201 CBROPS
Nº inscritos 47
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/04/2023 - 01/05/2023
  • Proba de selección : 04/05/2023 (19:00)
  • Horario : De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 22/05/2023 - 15/06/2023
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

CCNA Cybersecurity Operations - CYBER OPS introduce os coñecementos e habilidades necesarias para asumir con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dos analistas de seguridade de nivel asociado que traballan en centros de operacións de seguridade (SOC). Este curso introduce os conceptos de seguridade fundamentais e habilidades necesarias para supervisar, detectar, analizar e dar resposta á ciberdelincuencia, ciberespionaxe, ameazas internas, ameazas persistentes avanzadas, requisitos normativos e outros problemas de ciberseguridade aos que se enfrontan as organizacións. Así mesmo, fai fincapé na aplicación práctica das habilidades necesarias para manter e garantir a dispoñibilidade de seguridade operativa dos sistemas en rede.

 

 

Obxectivos :

Unha vez rematado o curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para:

  • Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles
  • Describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede
  • Demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade.
  • Clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas.
  • Realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC).
Dirixido a :

Dirixido a profesionais de IT (enxeñeiras/os de Networking, administradoras/es de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área de demanda crecente e nos procedementos empregados nun Centro de Operacións de Seguridade -SOC. Débense destacar os escenarios prácticos do curso baseados nas distribucións de Kali Linux e Security Onion, que incorporan ferramentas especializadas en probas de penetración e auditoría, así como ferramentas de análise, clasificación e monitorización de alertas.

Para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumnado teña coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e/ou Linux, e un nivel de coñecementos previos en redes equivalente a ter completados os módulos 1 e 2 do curso CCNA R&S (conceptos básicos de redes, coñecemento de sistemas binarios e hexadecimais, conceptos básicos de programación e coñecemento de consultas básicas de SQL).

Perfil do docente :

Instrutor acreditado polo programa CISCO NETACAD con máis de 5 anos de experiencia e certificado nesta especialidade

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Módulo 1. Ciberseguridade: o Centro de Operacións de Seguridade – SOC
  • Módulo 2. Sistema operativo Windows
  • Módulo 3. Sistema operativo Linux
  • Módulo 4. Protocolos e servizos de rede
  • Módulo 5. Infraestrutura de rede
  • Módulo 6. Principios de seguridade en rede
  • Módulo 7. Ataques de rede: Unha inspección detallada
  • Módulo 8. Protección da rede
  • Módulo 9. Infraestrutura e Criptografía de clave pública
  • Módulo 10. Análise e seguridade de dispositivos finais
  • Módulo 11. Monitorización de seguridade
  • Módulo 12. Análise de datos de intrusións
  • Módulo 13. Resposta e xestión de incidencias