Seguridade en IoT « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 19/06/2023
Data fin 29/06/2023
Certificación oficial Non
Nº inscritos 35
Datos da edición
  • Período de inscrición : 22/05/2023 - 04/06/2023
  • Proba de selección : 06/06/2023 (16:00)
  • Horario : De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 19/06/2023 - 29/06/2023
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O rápido aumento do número de dispositivos IoT conectados permite a dixitalización de todo o mundo, pero, ao mesmo tempo, intensifica a exposición ás ameazas de seguridade.

Con este curso dotarase ao alumnado de recursos para empregar as tecnoloxías máis avanzadas para realizar avaliacións de riscos e vulnerabilidades e, a continuación, se investigará e recomendará aplicar estratexias de mitigación de riscos contra ameazas de seguridade comúns nos sistemas IoT.

Obxectivos :

O curso IoT Fundamentals: IoT Security, de Cisco, ensínalles ao alumnado as habilidades de “White Hat Hacker” orientadas a realizar avaliacións de vulnerabilidade e risco. Tamén investiga e recomenda estratexias de mitigación para as ameazas comúns de seguridade nos sistemas IoT.

Partindo duns coñecementos básicos e ao longo dos 6 temas do curso o alumnado será quen de acadar os obxectivos de coñecemento que o capaciten para detectar e mitigar as ameazas de seguridade nos sistemas IoT.

Dirixido a :

Está especialmente recomendado para estudantes de grao medio e superior de FP do ámbito da Telecomunicación e da Informática; para estudantes ou graduadas/os de titulacións universitarias técnicas e tamén está altamente recomendado para traballadoras/es en activo que busquen obter as habilidades de "White Hat Hacker".

Perfil do docente :

Persoal docente acreditado polo programa Cisco Netacad e certificados nas especialidades que imparten 

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • IoT baixo ameaza
    • Desafíos
    • Casos de uso
  •  Sistemas e arquitecturas IoT
    • Modelos de sistemas IoT
    • Modelos de seguridade IoT
    • Modelado de ameazas
  • Superficie de ataque nos dispositivos IoT
    • Introdución a dispositivos IoT
    • Vulnerabilidades e ataques ao hardware
    • Mitigación de ameazas na capa física
  • Superficie de ataque nas comunicacións IoT
    • A capa de comunicacións en IoT
    • Vulnerabilidades TCP/IP en IoT
    • Mitigación de ameazas IoT