| Tipo de edición | Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 16/10/2023 |
| Data fin | 20/10/2023 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | EXIN Information Security Foundation ISO/IEC 27001 |
| Nº inscritos | 43 |
A información é crucial para a continuidade e o funcionamento adecuado tanto das organizacións como das economías que impulsan; esta debe estar protexida contra o acceso de persoas non autorizadas, contra a modificación ou destrución accidental ou maliciosa e debe estar dispoñible cando se requira.
O curso EXIN Information Security Foundation ISO/IEC 27001 está deseñado para todos os profesionais que traballan con información confidencial. Pon a proba a comprensión dos conceptos e o valor da seguridade da información, así como as ameazas e riscos; e prepara para conseguir a certificación EXIN Information Security Foundation ISO/IEC 27001.
- Aprender a liderar o deseño e implementación do programa de goberno de datos da organización, aliñado cos seus plans e obxectivos estratéxicos
- Obter unha visión global do manexo de datos nunha organización, así como todos os aspectos involucrados: responsabilidade, seguridade, privacidade, estrutura, modelado e arquitectura dos datos
- Coñecer as ferramentas para poder implementar o goberno do dato
- Entender as normativas e marcos legais locais e internacionais sobre privacidade e tratamento de datos e información sensible
- Aprender a mellorar os resultados a través de algoritmos, Business Intelligence, Analytics, Intelixencia Artificial e calquera tipo de procesamento baseado en datos
- Xestionar adecuadamente os riscos de seguridade dos datos
EXIN Information Security Foundation ISO IEC 27001, de nivel básico, é adecuada para todos os profesionais que manexan información, especialmente información confidencial. Ademais, crea unha base sólida para buscar unha certificación de nivel superior no tema de seguridade da información. As/Os empresarias/os ou propietarias/os de pequenas empresas que necesitan unha comprensión básica do tema tamén se benefician de EXIN Information Security Foundation.
Docente con experiencia na impartición de cursos relacionados coa ISO 27001 e certificada/o como Information Security Foundation based on ISO IEC 27001 ou superior.
- Duración :
25 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Ciberseguridade
- ISO 27001
- EXIN
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
1-Información e seguridade
1.1 O concepto de información
1.2 Valor da información
1.3 Aspectos de fiabilidade
2- Ameazas e riscos
2.1 Ameaza e riscos
2.2 Relacións entre ameazas, riscos e a fiabilidade da información
3- Enfoque e Organización
3.1 Política de seguridade e organización da protección
3.2 Compoñentes 3.3 Xestión de incidentes
4- Medidas
4.1 Importancia das medidas
4.2 Medidas físicas de seguridade
4.3 Medidas técnicas
4.4 Medidas organizativas
5- Lexislación e normas