CCNP Enterprise: Advanced Routing (CCNP ENARSI v8) - 1ª edición « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial + virtual + teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 04/11/2024
Data fin 18/12/2024
Certificación oficial Si
Exame 300-410 ENARSI: Implementing Cisco Enterprise Advanced Routing and Services
Nº inscritos 33
Datos da edición
  • Período de inscrición : 30/09/2024 - 16/10/2024
  • Proba de selección : 22/10/2024 (19:30)
  • Horario : Distribución horaria provisional: Presencial de 16:30 a 20:30 horas: 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de novembro 17 e 18 de decembro Virtual de 16:30 a 20:30 horas: 13, 14, 21, 27, 28 de novembro 2, 4, 5, 11, 12 de decembro Teleformación de 16 A 21 horas (horario de referencia): 6, 7, 8, 15, 22, 29 de novembro 2, 3, 9, 10, 13, 16 de decembro
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 04/11/2024 - 18/12/2024
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso enmárcase no programa Cisco Networking Academy, para ofrecer un profundo coñecemento das arquitecturas e as habilidades de implementación prácticas requiridas en redes empresariais. Con esta formación obterase o coñecemento e as habilidades precisas para configurar e administrar redes corporativas, centrándose na implementación e resolución de problemas en tecnoloxías de enrutamento e servizos avanzados.
Ademais de expor en detalle os protocolos de enrutamento avanzados, utilizados tanto en redes corporativas como de provedor, trátanse os conceptos de servizos avanzados en comunicacións VPN de capa 3, os servizos de infraestrutura, e de seguridade da infraestrutura, e desenvólvense as competencias precisas para a súa configuración e implementación.

Obxectivos :
  • Obter o coñecemento e as habilidades precisas para configurar e administrar redes corporativas, centrándose na implementación e resolución de problemas en tecnoloxías de enrutamento e servizos avanzados.
  • Coñecer os conceptos de servizos avanzados en comunicacións VPN de capa 3, os servizos de infraestrutura e de seguridade da infraestrutura, e desenvólvense as competencias precisas para a súa configuración e implementación.
Dirixido a :

O curso está dirixido de xeito específico a profesionais IT que desexen profundar e consolidar os seus coñecementos e capacidades como expertos en redes e Internet tanto no ámbito do provedor de servizos ISP (administradoras/es de redes, técnicas/os de soporte de rede e help-deskers) como no ámbito do Networking empresarial. Tamén está enfocado ao alumnado post-universitarios que desexen orientar a súa carreira profesional na contorna do Networking.

Prerrequisitos: para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que se dispoña da certificación CCNA.

Perfil do docente :

Instrutoras/es acreditadas/os polo programa Cisco Netacad, certificadas/os nas especialidades que imparten. e con máis de 5 anos de experiencia nesta área.

  • Duración :
    140 horas (40h presenciais, 40h virtuais, 60h teleformación)
  • Metodoloxía :
    Presencial + virtual + teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
    • Ciberseguridade
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Capítulo 1. Revisión de direccionamento e reenvío de paquetes IPv4/IPv6

Capítulo 2. EIGRP

Capítulo 3. EIGRP avanzado

Capítulo 4. Resolución de problemas EIGRP IPv4

Capítulo 5. EIGRPv6

Capítulo 6. OSPF

Capítulo 7. OSPF Avanzado

Capítulo 8. Resolución de problemas OSPFv2

Capítulo 9. OSPFv3

Capítulo 10. Resolución de problemas OSPFv3

Capítulo 11. BGP

Capítulo 12. BGP Avanzado

Capítulo 13. BGP – Selección de ruta

Capítulo 14. Resolución de problemas BGP

Capítulo 15. Route Maps e reenvío condicional

Capítulo 16. Redistribución de rutas

Capítulo 17. Resolución de problemas de Redistribución

Capítulo 18. VRF, MPLS y VPNs MPLS de capa 3

Capítulo 19. Túneles DMVPN

Capítulo 20. Seguridade de túneles DMVPN

Capítulo 21. Resolución de problemas de ACLs y Prefix Lists

Capítulo 22. Infraestructura de Seguridade

Capítulo 23. Resolución de problemas de xestión de dispositivos e das ferramentas de xestión