| Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 03/10/2025 |
| Data fin | 14/11/2025 |
| Certificación oficial | Non |
| Nº inscritos | 29 |
Na era dixital actual, as tecnoloxías baseadas en datos (Data Technologies) deixaron de ser unha ferramenta exclusiva dos departamentos técnicos para converterse nun factor crave de competitividade en todas as organizacións. As decisións empresariais máis acertadas e oportunas xa non dependen unicamente da intuición ou da experiencia, senón que se basean na análise profunda dos datos dispoñibles, que poden revelar patróns, predicir tendencias e proporcionar unha vantaxe estratéxica significativa.
Non entender o potencial dos datos e as tecnoloxías relacionadas pode deixar ás organizacións nunha desvantaxe significativa fronte aos seus competidores. A capacidade para colleitar, xestionar e analizar datos de maneira eficaz permite ás empresas tomar decisións máis informadas, adaptarse rapidamente a cambios do mercado e, sobre todo, xerar valor sostible a longo prazo. Isto é algo que non só os equipos técnicos, senón os propios líderes empresariais, deben ser capaces de integrar nas súas estratexias.
Os docentes serán:
- GONZALO ABUÍN PÉREZ: Diplomado en Empresariais pola USC. Grao en Enxeñería Informática pola Universidade de Estremadura. Programa Avanzado en Management por IE Business School. CEO e cofundador de Perfect Numbers e Administrador de 2XMil Solucións.
- GERARDO ESTÉVEZ SUÁREZ: Licenciado en Ciencias Empresariais e Diplomado en Auditoría pola Universidade de Vigo. Socio Director de Grupo Elixe.
- IAGO FORTES CARAMÉS: Enxeñeiro de Telecomunicacións e Posgraduado en Telemática pola Universidade de Vigo. MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Programa Executivo en Liderazgo Transformador por IE Business School. Socio Consultor en Inprosec.
- ANTONIO CEBREIRO BERNÁRDEZ: Grado en Enxeñería Informática e Máster en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo. MBA por The PowerMBA. Cofundador de USOARIT, e Information Security Manager en Inprosec.
- JUAN JOSÉ GARCÍA MILLA: Grao en Estatística pola Universidade Miguel Hernández. #Máster en Enxeñería de Sistemas e Intelixencia Artificial pola Universidade Rey Juan Carlos. Executive Program in People Management por Fundesem. presidente e cofundador de ANBAN (Asociación Nacional de Big Data e Analytics). CEO e fundador de Milmoh. Profesor da Universidade Miguel Hernández
- ALEJANDRO GARCÍA MORGADE: Bachelor in Business Administration, e Programa Especializado en Big Data, Business Intelligence e Controlling por IESIDE. #Máster Microsoft Power Platform for Controlling. Consultor Bi & Analytics, e Responsable da área de Seguimento e Controlling en Elixe Plus Consultores de Dirección, e profesor colaborador de IESIDE.
- GLORIA MARÍA PINEDA NICOLÁS: Enxeñeira Industrial, e Máster en Enerxía e Sustentabilidade pola Universidade de Vigo. Máster en Big Data e Business Analytics pola Universidade Complutense de Madrid. Consultora BI & Analytics en Elixe Data - Intelixencia de Negocio.
Este programa ten como obxectivo proporcionar aos xerentes e directivos as ferramentas necesarias para comprender, avaliar e aplicar tecnoloxías de datos nas súas organizacións, contribuíndo de maneira efectiva á toma de decisións estratéxicas e ao éxito organizacional nunha contorna empresarial marcada pola transformación dixital.
Este curso non require coñecementos previos en tecnoloxía ou análise de datos, xa que está deseñado para facilitar unha comprensión progresiva, comezando desde os fundamentos e avanzando cara á aplicación práctica destas tecnoloxías nos desafíos empresariais cotiáns. O perfil de destinatarios é o de xerentes e directivos, persoas con responsabilidade e capacidade de toma de decisións nas súas empresas, e que por tanto poden impulsar a implantación destas tecnoloxías nas mesmas.
Priorizaranse os candidatos que ocupen postos directivos (xerentes, propietarios, responsables de departamentos ou áreas, etc, ...) entendendo por directivos a aqueles que teñan persoas e equipos ao seu cargo, e capacidade de decisión nas súas compañias. Para elo, os candidatos deberán aportar un Curriculum Vitae onde se poida comprobar ditas circunstancias.
Equipo de directivos e consultores
- Duración :
35 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Data Science
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
1: INTRODUCIÓN: ESTRATEXIA/COMPETITIVIDADE/ DATOS
A estratexia no século XXI: Relación coa competitividade.
O valor das datos xerar valor (vantaxes) ou para ser eficiente.
Mapa de tecnoloxías relacionadas.
2: : O VALOR DOS DATOS: CAPTACIÓN E USO DE DATOS. DIXITALIZACIÓN. TOMA DE DECISIÓNS E SEGUIMENTO
1ª parte: O valor dos datos:
A intelixencia do negocio.
Niveis de seguimento: operativo, directivo e estratéxico (Cadro de mando Integral),
Empresa Data Driven.
Captación de datos internos Dixitalización de procesos. (IoT, ERP, CRM, outras aplicacións)
Captación de datos externos: Open Data. Minería Web. Web Scrapping. APIs.
2ª parte: Toma de decisións e seguimento: Visualización de datos con Power BI:
Relación entre Data e Business Intelligence.
Power BI e caso práctico
3: CIBERSEGURIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
Importancia estratéxica da información.
Análise e avaliación de riscos.
Ataques, vulnerabilidades e ciberdelincuencia.
Novos retos da seguridade informática.
A importancia do factor humano e organizativo na seguridade da información.
4. INTELIXENCIA ARTIFICIAL XENERATIVA
Concepto e introdución á IA.
Ferramentas principais: hai algo máis que ChatGPT.
Creación de prompts efectivos.
Aplicacións e exemplos en mellora de procesos de negocio.
Automatización de procesos.
5: PLATAFORMAS TECNOLÓXICAS BASEADAS EN IOT E BLOCKCHAIN
Iot: conceptos e aplicacións a empresa.
Blockchain: conceptos e aplicacións a procesos de empresas.
Casos de uso: Rastrexabilidade. Certificacións, Sustentabilidade.
6: MACHINE LEARNING
Concepto.
Problemas de negocio que poden resolverse con ML: Clasificación de imaxe, Identificación de defectos, ...