AWS re/Start « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 24/11/2025
Data fin 20/03/2026
Certificación oficial Si
Exame AWS Certified Cloud Practitioner
Nº inscritos 48
Datos da edición
  • Período de inscrición : 01/10/2025 - 06/11/2025
  • Proba de selección : 10/11/2025 (12:00)
  • Horario : De luns a venres de 08:30 a 14:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 16)
  • Período de docencia : 24/11/2025 - 20/03/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O programa AWS re/Start – Certificación AWS Certified Cloud Practitioner é unha formación intensiva de iniciación dirixida a persoas sen experiencia técnica previa que desexen dar os seus primeiros pasos no sector IT. A través de 420 horas de formación 100 % virtual, o alumnado adquirirá competencias dixitais clave e unha sólida base en computación na nube con Amazon Web Services (AWS), o provedor líder de servizos cloud a nivel mundial.

Durante o curso, traballaranse contidos teórico-prácticos (40 % teoría / 60 % práctica) mediante exercicios, laboratorios e simulacións reais que preparan ao participante para desenvolverse en contornas profesionais cloud. O programa inclúe desde os fundamentos da nube e os servizos AWS, ata Linux, Python, redes, seguridade, bases de datos e deseño de arquitecturas na nube. Así mesmo, refórzanse habilidades transversais en empregabilidade, xestión de proxectos e ferramentas de colaboración.

Ao finalizar a formación, o alumnado estará preparado para presentarse ao exame oficial de certificación AWS Certified Cloud Practitioner, que valida coñecementos esenciais da nube e constitúe un primeiro paso cara a unha carreira profesional no ámbito tecnolóxico.

O curso busca impulsar a empregabilidade no sector IT, ofrecendo ás persoas participantes a oportunidade de acceder a perfís profesionais de alta demanda no mercado laboral actual.

 

Se estás interesado/a no programa, poder asistir a unha das sesións informativas virtuais (de aproximadamente 1 hora de duración) que se desenvolverán de xeito previa ao comienzo do curso:

- Martes 07/10 (ás 10:00 h.)
- Xoves 09/10 (ás 16:00 h.)
- Martes 14/10 (ás 12:00 h.)
- Venres 17/10 (ás 10:00 h.)
- Mércores 22/10 (ás 12:00 h.)
- Xoves 23/10 (ás 16:00 h.)
- Martes 28/10 (ás 10:00 h.)
- Xoves 30/10 (ás 12:00 h.)
- Martes 04/11 (ás 10:30 h.)
- Xoves 06/11 (ás 12:00 h.)

Asiste ás sesións en: meet.google.com/vnt-djva-skj

Obxectivos :

Formar a persoas sen experiencia técnica previa en competencias dixitais clave, con especialización en computación na nube a través de servizos AWS. O curso busca facilitar a inserción laboral no sector IT, capacitando aos participantes para desenvolverse en contornas profesionais cloud.

Dirixido a :

Persoas interesadas, sen necesidade de coñecementos previos ou experiencia profesional, en iniciarse no mundo das solucións cloud nos produtos AWS (Amazon web services).

Perfil do docente :

Giacomo Corso Telle: Desarrollador Full Stack con ampla experiencia en desenvolvemento web, administración de sistemas e formación en tecnoloxías dixitais.

José Miguel Quesada Martín: Desarrollador de software especializado en back-end e tecnoloxías cloud, con experiencia como formador en desenvolvemento Full Stack e no programa AWS re/Start.

Cristina Fernández Rodríguez: Licenciada en Psicoloxía, cunha ampla traxectoria en formación para o emprego, orientación laboral e dinamización de competencias transversais.

  • Duración :
    420 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • AWS
    • Cloud
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  1. Introdución á Nube e Fundamentos de AWS (50 h.)
  2. Linux e sistemas operativos (70 h.)
  3. Programación con Python (80 h.)
  4. Redes e seguridade na nube (60 h.)
  5. Bases de datos (40 h.)
  6. Servizos e arquitectura cloud con AWS (70 h.)
  7. Habilidades transversais e empregabilidade (40 h.)
  8. Evaluación e preparación de certificación (10 h.)