Drupal 11 Migracións « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual + teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 27/04/2026
Data fin 28/06/2026
Certificación oficial Si
Exame Experto Forcontu en Drupal 11 Migraciones
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/03/2026 - 19/03/2026
  • Proba de selección : 26/03/2026 (19:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas, o 27 e 28 de abril, o 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de maio o 15 e 16 de xuño.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 27/04/2026 - 28/06/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O curso de Drupal 11 Migracións, é unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional no ámbito da xestión e evolución de sitios web desenvolvidos con Drupal. O seu obxectivo principal é dotar ós/as participantes dos coñecementos e habilidades necesarias para realizar procesos de migración cara a Drupal 11.

Drupal, como sistema de xestión de contidos de código aberto, permite unha gran flexibilidade na adaptación e evolución de portais web. Un dos aspectos máis críticos no mantemento e modernización destes sitios é a capacidade de migrar contidos desde outras plataformas ou versións anteriores de Drupal, como Drupal 7.

Ao longo do curso, os/as participantes aprenderán a comprender e utilizar o sistema de migración de Drupal, cun enfoque práctico e baseado en casos reais. Abordaranse desde os conceptos fundamentais ata a programación personalizada de procesos de migración complexos, pasando polo uso de plugins, ferramentas e boas prácticas.

Obxectivos :

O obxectivo principal do curso de Drupal 11 Migracións é a capacitación do alumnado como deseñar e executar Migracións a Drupal 11 desde versións anteriores ou desde fontes externas.

Para chegar a este obxectivo é necesario cumprir estes obxectivos secundarios:
•  Coñecer a estrutura das migracións en Drupal.  
•  Coñecer as principais ferramentas de migración.
•  Coñecer os plugins de migración (orixe, procesamento e destino)
•  Coñecer como se executan e depuran as migracións. 
 

Dirixido a :

O curso de Drupal 11 Migracións vai dirixido a desenvolvedores/as con coñecementos de Drupal 11 a nivel de back-end que desexen profundar na migración de portais a Drupal 11. 

Perfil do docente :

Fran Gil é Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións pola Universidade de Las Palmas de Gran Canaria (2002), Máster en Dirección e Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información pola UOC (2006) e Máster Oficial en Informática, especialidade en Ensino e Aprendizaxe Electrónicos pola Universidade de Alcalá de Henares (2009).

  • Duración :
    120 horas (40h virtuais, 80h teleformación)
  • Metodoloxía :
    Virtual + teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Drupal
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Impartirase o seguinte temario durante o curso:

1. Migracións en Drupal
2. Estrutura dunha migración
3. Ferramentas de migración  
4. Deseño de migracións
5. Plugins de orixe
6. Plugins de procesamento
7. Plugins de destino
8. Migracións desde Drupal 7
9. Programación personalizada en migracións