Curso de Goberno en Ciberseguridade « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 02/03/2026
Data fin 25/03/2026
Certificación oficial Si
Exame Certified Cyber Security Professional (CCSP)
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/02/2026 - 15/02/2026
  • Proba de selección : 18/02/2026 (18:30)
  • Horario : De luns a mércores de 16:00 a 20:00 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 02/03/2026 - 25/03/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Ofrece profundos coñecementos sobre os fundamentos e goberno da ciberseguridade, arquitecturas, políticas, estratexia e estándares, análises e xestión de riscos, marco normativo, operativa de ciberseguridade, infraestruturas críticas, ciberinteligencia, xestión de incidentes, boas prácticas e soft skills da figura do/a Director/a de Seguridade da Información.

Obxectivos :
  •     Adquirir coñecementos sólidos en goberno, xestión de riscos e cumprimento legal en ciberseguridade.
  •     Desenvolver habilidades técnicas en análises de vulnerabilidades, criptografía, hacking ético e resposta a incidentes.
  •     Fortalecer competencias estratéxicas e operativas para liderar a ciberseguridade en entronos complexos e críticos.
Dirixido a :
  •     Directores/as de seguridade da Información 
  •     Consultores/as 
  •     Avogados/as 
  •     Auditores/as 
  •     Técnicos/as de seguridade 
  •     Técnicos/as de sistemas con responsabilidades na seguridade e de sistemas
Perfil do docente :

O equipo docente que participa nesta formación está composto por profesionais altamente cualificados en ciberseguridade, privacidade, cumprimento normativo, xestión de riscos e tecnoloxías emerxentes. Procedentes de distintos sectores —incluíndo a administración pública, a banca, a consultoría, a industria e o ámbito académico—, estes/as expertos/as achegan unha visión transversal e actualizada sobre os desafíos que enfrontan as organizacións na contorna dixital.

A diversidade de especializacións e traxectorias permite abordar a formación desde múltiples perspectivas: técnica, xurídica, estratéxica e operativa. Ao longo do programa, trataranse temas clave como a protección de datos, a ciberresiliencia, a seguridade en infraestruturas críticas, o goberno da seguridade na nube, e a adaptación aos marcos regulatorios europeos e internacionais.

  • Duración :
    46 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

1 GOBERNO DE SEGURIDADE 
1.1 Arquitecturas de Seguridade
1.2 e 1.3 Introdución e Xestión de Ciberseguridade
1.4 Organización Roles e Responsabilidades 1.5 Goberno de ciberseguridade
1.6 Auditoría e control da seguridade 1.7 Certificación e acreditación de produtos e sistemas
1.8 Seguridade en contornas Cloud (IaaS, PaaS, SaaS) Modelos e Controis esixibles

2 ANÁLISE E XESTIÓN DE RISCOS 
2.1 Identificación e xestión de riscos
2.2 Análise e xestión de riscos e ameazas 2.3 Riscos Tecnolóxicos
3 CUMPRIMENTO LEGAL E NORMATIVO 
3.1 Cumprimento Legal 
3.2 Aspectos legais e regulatorios asociados a Privacidade, Seguridade, e IC
3.3 Técnicas, metodoloxías e herrramientas do compliance legal
3.4 Notificación, reporte, denuncia e presentación en xulgado 3.5 Cibercrimen e delitos informátivos
4 OPERATIVA DE CIBERSEGURIDADE 
4.1 Desenvolvemento seguro 4.2 Criptografía 
4.3 Monitorización de seguridade 4.4 Tecnoloxías de ciberseguridade 
4.5 e 4.6 Análise de vulnerabilidades e Hacking ético 
4.7 Seguridade do Directo Activo e parque Windows. Directivas e GPOs Configuración segura Modelos de capas TIER Recomendacións de seguridade 
4.8 Seguridade no acceso Remoto e o teletraballo 


5 CIBER INTELIXENCIA, COOPERACIÓN E CAPACIDADE 
5.1 Relacións con organismos nacionais e internacionais 
5.2Ciber Exercicios 
5.3 Intercambio de información con terceiros e IoCs
6 XESTIÓN EFICAZ DE INCIDENTES 
6.1 Análise Forense de Sistemas 
6.2 Análise de malware
6.3 Xestión e resposta a incidentes de Seguridade
7 INFRAESTRUTURAS CRÍTICAS 
7.1 Ciberseguridade en IC 
7.2 OT e IoT 
8 CISO SOFTSKIILLS 
8.1 Estratexia de Seguridade 
8.2 Planificación dunha xestión de Crise 
8.3 Softskills


Simulacro de exame e corrección