NIS2 Coñece e aplica o framework regulatorio de ciberseguridade « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 17/11/2025
Data fin 25/11/2025
Certificación oficial Non
Nº inscritos 71
Datos da edición
  • Período de inscrición : 20/10/2025 - 02/11/2025
  • Proba de selección : 06/11/2025 (18:30)
  • Horario : 17 novembro: de 16:00 a 18:30 18 novembro: de 16:00 a 19:30 24 novmebro: de 17:00 a 19:00 25 novembro: de 16:00 a 18:00 horas
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 17/11/2025 - 25/11/2025
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Ofrece profundos coñecementos sobre a implementación da Directiva NIS2, abranguendo as políticas, incidentes, seguridade, xestión da cadea de subministracións e os riscos asociados. Ademais, verase como a directiva interactúa con outras normativas e regulamentos.

Obxectivos :
  • Explicar os conceptos fundamentais da Directiva NIS2 e os seus requisitos.
  • Entender a aplicabilidade e obxectivos da directiva.
  • Obter unha comprensión profunda dos principios, estratexias, metodoloxías e ferramentas necesarias para implementar e xestionar eficientemente un programa de ciberseguridade de conformidade coa Directiva NIS2.
  • Aprender a interpretar e implementar os requisitos da Directiva NIS2 no contexto específico dunha organización.
  • Iniciar e planificar a implementación dos requisitos da Directiva NIS2.
  • Adquirir o coñecemento necesario para axudar a unha organización para planificar, implementar, xestionar, monitorear e manter de maneira efectiva un programa de ciberseguridade de conformidade coa Directiva NIS2.
Dirixido a :
  • Operadores/as de tecnoloxía IT
  • Profesionais da ciberseguridade
  • Responsables de cumprimento normativo
  • Directores/as de seguridade da Información
  • Auditores/as
  • Consultores/as
Perfil do docente :

A formación contará cun equipo docente de primeiro nivel, composto por profesionais cunha sólida traxectoria en ciberseguridade, privacidade, cumprimento normativo e resiliencia dixital. Este grupo de expertos combina experiencia técnica, visión estratéxica e liderado nos seus respectivos sectores, o que garante unha formación rigorosa, actualizada e aliñada cos retos reais da contorna empresarial.

  • Duración :
    10 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Introdución / Disposicións xerais

  • Obxectivos da directiva
  • Ámbito de aplicación
  • Entrada en vigor e principais datas
  • Tipos de entidades: esenciais e importantes
  • Autoridades competentes
  • Definicións
  • Réxime sancionador
  • Responsabilidades da dirección

Implementación da directiva NIS2 parte 1: Políticas e actividades de seguridade e continuidade

  • Políticas de seguridade dos sistemas de información
  • Continuidade das actividades, como a xestión de copias de seguridade, a recuperación en caso de catástrofe e a xestión de crise

Implementación da directiva NIS2 parte 2: Incidentes

  • Xestión de incidentes
  • Equipos de resposta a incidentes (CSIRT)
  • Detección
  • Obrigas, capacidades técnicas e funcións
  • Divulgación de información
  • Cooperación nacional
  • Cooperación internacional: comunicacións

Implementación da directiva NIS2 parte 3: Seguridade na cadea de subministración

  • A seguridade da cadea de subministración, incluídos os aspectos de seguridade relativos ás relacións entre cada entidade e os seus provedores ou prestadores de servizos directos
  • A seguridade na adquisición, desenvolvemento e mantemento de sistemas de redes e de información, incluída a xestión e divulgación das vulnerabilidades

Implementación da directiva NIS2 parte 4: Xestión de riscos

  • Proceso de xestión de riscos
  • Políticas e procedementos para avaliar a eficacia das medidas para a xestión de riscos de ciberseguridade

Implementación da directiva NIS2 parte 5

  • A xestión de activos
  • Prácticas básicas de ciberhixiene e formación en ciberseguridade
  • Seguridade dos recursos humanos
  • Políticas de control de acceso
  • Políticas e procedementos relativos ao uso da criptografía
  • Solucións de autenticación multifactor ou de autenticación continua, comunicacións de voz, video e texto seguras e sistemas seguros de comunicacións de emerxencia na entidade, cando proceda

Supervisión e execución

  • Auditoría do cumprimento da NIS

Relación da NIS2 con outras regulacións: ENS, DORA, GDPR

  • Comparación co Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR)
  • Coherencia coa Directiva de Seguridade de Redes e Sistemas de Información (NIS1)
  • Sinerxías con ISO/IEC 27001 e outros estándares de ciberseguridade
  • Desafíos do cumprimento cruzado
  • DORA
  • Regulación da IA