Curso en IA para profesionais de ciberseguridade e privacidade « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 28/09/2026
Data fin 14/10/2026
Certificación oficial Si
Exame Certified Artificial Intelligence and Information Security Professional (CAIP)
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 15/06/2026 - 31/08/2026
  • Proba de selección : 02/09/2026 (19:30)
  • Horario : De luns a mércoles de 16:00 a 20:00 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 28/09/2026 - 14/10/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Ofrece coñecementos sobre os fundamentos da Intelixencia Artificial (IA), o seu impacto nos negocios, temas como a regulación da IA na Unión Europea e España, así como o seu tratamento en dereito comparado. Tamén explora a IA como ameaza e a súa relación coa ciberseguridade, riscos e contratación de IA, seguridade no uso de sistemas de IA, goberno da IA e cumprimento normativo.

Obxectivos :
  • Comprender os fundamentos e aplicacións da IA, incluíndo o seu impacto no negocio
  • Analizar os riscos, ameazas e marcos regulatorios relacionados coa IA e a ciberseguridade
  • Aplicar a IA de forma ética e segura en organizacións, considerando gobernanza, riscos e cumprimento
Dirixido a :
  • Directores/as de seguridade da información
  • Consultores/as especializados/as en tecnoloxía e regulación
  • Avogados/as especializados/as en tecnoloxía, propiedade intelectual e cumprimento normativo
  • Auditores/as con interese na IA e o seu impacto na seguridade e a regulación
  • Técnicos/as de seguridade con responsabilidades na implementación e xestión de sistemas de IA
  • Técnicos/as de sistemas con responsabilidades na seguridade e a xestión de datos
  • Persoas interesadas en comprender os aspectos legais, éticos e de seguridade relacionados coa Intelixencia Artificial en contornas empresariais e gobernamentais
Perfil do docente :

O equipo docente que participa nesta formación está formado por profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos da ciberseguridade, a privacidade, o cumprimento normativo, a xestión de riscos e a transformación dixital. Con traxectorias consolidadas en sectores como a administración pública, a empresa privada, a consultoría tecnolóxica e o ámbito académico, este grupo de expertos achega unha visión integral, actualizada e orientada á práctica profesional.

  • Duración :
    30 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • IA
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Conceptos básicos 

  • Presentación do Curso
  • Introdución a sistemas de IA, axentes, Machine Learning, Deep Learning e IA xenerativa
  • IA e impacto en negocio

Ciberseguridade e IA

  • Taxonomías de ameazas a sistemas de IA
  • Securización no uso de sistemas de IA
  • IA para prevención e detección

Regulación da IA

  • Unión Europea
  • España
  • Visión internacional

A IA na empresa e AAPP

  • Goberno da IA
  • Riscos da IA
  • Riscos de Uso
  • Contratación de IA e responsabilidades internas e de provedores
  • IA e activos intanxibles
  • IA Compliance