Técnico de Soporte Certificado en Ciberseguridade « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual + teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 13/04/2026
Data fin 13/05/2026
Certificación oficial Si
Exame Cisco Certified Support Technician (CCST) Cybersecurity - (100-160 CCST Cybersecurity)
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/03/2026 - 19/03/2026
  • Proba de selección : 25/03/2026 (17:30)
  • Horario : Virtual: luns e martes (excepto o 12 de maio) e o mércoles 13 de maio de 16:30 a 20:30 Teleformación: mércoles a venres de 16:30 a 21:30 (excepto o 13 de maio)
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 13/04/2026 - 13/05/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Con esta formación oficial deseñada por Cisco, analista junior en ciberseguridade ou técnico de soporte certificado en ciberseguridade (Cisco Certified Support Technician in Cybersecurity), recórrense as áreas clave para analizar e manter a seguridade da información nas organizacións, incluíndo os sistemas operativos, as aplicacións e as comunicacións en rede.

Partindo de aspectos fundamentais ofrécese unha perspectiva integral do escenario actual das ameazas de ciberseguridade; identifícanse e categorízanse os obxectivos, as vulnerabilidades, os/as autores/as, e a diversidade de elementos tecnolóxicos dos que se aproveitan os/as atacantes, caracterizando posteriormente as diferentes fases que conforman os ciberataques e os puntos a ter en conta para establecer os mellores métodos de contención e defensa.

A formación ten unha duración de 100 horas (40 AULA VIRTUAL SINCRONA - 60 TELEFORMACIÓN).

 

Obxectivos :

Unha vez rematado o curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para:

  • Explicar e mitigar ciberataques comúns, vulnerabilidades TCP/IP e ameazas á rede
  • Describir principios de seguridade de rede e dispositivos que melloran a seguridade
  • Configurar e solucionar problemas de seguridade en redes sen fíos, Windows e Linux
  • Recomendar medidas de seguridade na nube e técnicas criptográficas
  • Avaliar protección de puntos finais, impactos do malware e vulnerabilidades
  • Usar rexistros e ferramentas de monitorización para mellorar a seguridade
  • Crear políticas de gobernanza, probas de seguridade e avaliar ameazas
  • Aplicar modelos de resposta a incidentes e técnicas forenses
Dirixido a :

O curso está dirixido de xeito específico a profesionais de TI que desexen iniciarse no ámbito da ciberseguridade.

Para un mellor aproveitamento do curso, é recomendable ter coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e/ou Linux, conceptos básicos de programación e un nivel de coñecementos previos en redes (equivalente ter realizado os módulos 1 e 2 do curso CCNA v7, ou o curso CCST in Networking).

Aínda que a formación e manuais están en castelán os contidos da NETACAD actualmente están dispoñibles en inglés polo que se require un dominio mínimo da lingua inglesa a nivel técnico.

Perfil do docente :

Os docentes son instrutores acreditados polo programa Cisco Netacad e certificados nas especialidades que imparten.

  • Duración :
    100 horas (40h virtuais, 60h teleformación)
  • Metodoloxía :
    Virtual + teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Introdución á ciberserguridade
  • Conceptos básicos de redes
  • Dispositivos de rede e configuración inicial
  • Seguridade en dispositivos finais
  • Defensa da rede
  • Xestión de ameazas