Administrador MongoDB e Integración « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 03/12/2025
Data fin 19/12/2025
Certificación oficial Si
Exame MongoDB Certified DBA Associate
Nº inscritos 42
Datos da edición
  • Período de inscrición : 20/10/2025 - 06/11/2025
  • Proba de selección : 11/11/2025 (18:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 03/12/2025 - 19/12/2025
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O curso completo de administrador/a de bases de datos de MongoDB, que consta de seis módulos, proporciona os coñecementos e as habilidades esenciais para administrar, optimizar e escalar bases de datos MongoDB en entornos xestionados e autoxestionados. O obxectivo é formar ao alumando para administrar MongoDB en diferentes entornos, garantindo o rendemento, a seguridade e a escalabilidade das bases de datos.

Obxectivos :

Formar o alumnado na administración de MongoDB en diferentes entornos, garantindo o rendemento, a seguridade e a escalabilidade da base de datos.

Dirixido a :

Administradores/as de bases de datos, profesionais de operacións e DevOps.

Perfil do docente :

Persoal docente certificado e autorizado por MongoDB para impartir formación.

  • Duración :
    48 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • MongoDB
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • Módulo 1: Fundamentos de MongoDB, principais vantaxes, seguridade e primeiros pasos en Atlas.
  • Módulo 2: Indexación, análise de rendemento, logs e Atlas Search para aplicacións avanzadas con IA.
  • Módulo 3: Alta dispoñibilidade con replicación, escalabilidade con sharding e estratexias de respaldo.
  • Módulo 4: Administración de MongoDB Atlas, aprovisionamento e mantemento de agrupacións industriais na nube.
  • Módulo 5: Xestión de MongoDB en infraestrutura propia con Ops Manager.
  • Módulo 6: Automatización da administración de MongoDB coa API de Ops Manager.