| Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 20/04/2026 |
| Data fin | 30/04/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | Kanban Management Professional de Kanban University |
| Nº inscritos | 0 |
Con Kanban, comezamos desenvolvendo e visualizando unha comprensión conxunta da forma actual de traballar. Observamos como están a funcionar as cousas e onde existen fontes de insatisfacción. Despois, identifícanse e introducen melloras.
O módulo Kanban System Design proporciona a base fundamental do Método Kanban e, a continuación, guía aos/as participantes a través do proceso de comprender os seus sistemas para que poidan deseñar un sistema Kanban adecuado ás súas necesidades. Ao entender os conceptos clave do Método Kanban, poderás deseñar un sistema Kanban que mellore a visibilidade, a comunicación e a colaboración dentro do teu equipo.
No segundo módulo Kanban Systems Improvement aprenderás a xestionar e optimizar eses sistemas utilizando métricas e o cambio evolutivo.
En calquera sistema de fluxo de traballo sempre existirán fontes de demora, variabilidade e pescozos de botella. Aprende a identificar de maneira proactiva estes retos e a aplicar técnicas para mellorar ou suavizar o fluxo de traballo.
A asistencia e aproveitamento dos contidos deste curso, tras participar na formación oficial Kanban System Design, permite cumprir as condicións estipuladas pola Kanban University para recibir a certificación Kanban Management Professional de Kanban University.
- Comprender os fundamentos, a motivación e os beneficios do Método Kanban
- Experimentar o fluxo mediante unha simulación dun sistema Kanban
- Aprender a dirixir as reunións Kanban para centrarse no traballo e permitir que o equipo se organice ao redor del
- Construír e deseñar un sistema Kanban utilizando o enfoque STATIK
- Ser máis rápido/a e máis adaptable, cunha mellor xestión do risco e da gobernanza
- Comprender os sistemas de “Pull” (tirar da demanda) e como axudan a reducir a sobrecarga
- Aprender a utilizar métricas clave como Lead Time, Run Charts e Diagramas de Fluxo Acumulativo para impulsar a mellora continua
- Comprender os fundamentos, a motivación e os beneficios do cambio evolutivo.
- Escalar o teu sistema en múltiples direccións: upstream, downstream e conectado a outros sistemas.
- Aprender a levar a cabo as cadencias Kanban para xestionar e escalar o teu sistema en toda a organización.
- Comprender as fontes de demora, a variabilidade e como xestionalas eficazmente.
- Identificar pescozos de botella nun fluxo de traballo e tomar accións para mellorar o fluxo e reducir os tempos de entrega ou de descubrimento.
- Aprender a utilizar métricas clave como Lead Time, Run Charts e Diagramas de Fluxo Acumulativo para guiar a mellora continua a través do cambio evolutivo.
Este curso está dirixido a profesionais involucrados na xestión de proxectos, produtos ou servizos que desexen mellorar o fluxo de traballo, a eficiencia e a capacidade de resposta dos seus equipos. En particular, está orientado a:
- Xerentes de proxectos e programas
- Scrum Masters e Agile Coaches
- Líderes de equipo e managers funcionais
- Responsables de operacións ou entrega de servizos
- Product Owners e xestores de produtos
- Membros de equipos que traballan en contornas áxiles ou híbridos
- Consultores/as e profesionais de transformación organizacional
AKT Accredited Kanban Trainer - Kanban University (KU), SAFe® PractIce Consultant, SAFe Release Train Manager RTE, SAFe Architect & DevOps Trainer. Scrum Manager® Trainer (Formador oficial Scrum Manager)
Consultor e Coach agile que lidera transformacións áxiles/dixitais en clientes nacionais e internacionais utilizando marcos de traballo agile: SAFe, Scrum, Kanban e Lean. Como Agile Coach/Scrum Master acompaña a equipos na súa traxectoria cara á utilización de métodos áxiles, actuando como ligazón entre os equipos e a Oficina de Proxectos (PMO). Más de 20 anos de experiencia en tecnoloxías da información.
- Duración :
32 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Kanban
- Kanban University
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
MÓDULO KANBAN SYSTEMS DESIGN
- Definición do Método Kanban
- Identificación de servizos
- Beneficios de Kanban
- Principios de xestión do cambio
- Principios de prestación de servizos
- Prácticas do Método Kanban
- Simulación do Método Kanban
- Sistemas Kanban
- Simulación de fluxo de traballo
- Lei de Little
- Métricas clave en sistemas Kanban
- Interpretación práctica de métricas para xestionar o fluxo de traballo
- Establecemento de Acordos de Nivel de Servizo (SLA)
- Enfoque sistémico para introducir Kanban (STATIK)
- Exemplo de caso práctico
- Fuentes de insatisfacción
- Análise de demándaa
- Análise da capacidade de entrega
- Modelado do fluxo de servizo
- Definición de clases de servizo
- Deseño dun sistema Kanban
- Eventos recorrentes e cadencias
- Cadencia de reposición
- Cadencia de entrega
- Deseño de ítems de traballo
- Deseño de taboleiros Kanban
- Exemplos de taboleiros Kanban
- Visión xeral do Modelo de Madurez Kanban
MÓDULO KANBAN SYSTEMS IMPROVEMENT
- Cadencias de feedback nunha organización Kanban
- Reunión de feedback do sistema Kanban
- Reunión Kanban
- Reunión de planificación de entregas
- Revisión de riscos
- Revisión da entrega de servizos
- Revisión de demándaa
- Revisión de operacións
- Desenvolvo da orientación ao servizo nunha organización
- Funcionamento dos compromisos asimétricos
- Métricas de xestión do fluxo de traballo
- Xestión de pescozos de botella no fluxo de traballo
- Xestión Kanban na organización
- Xestión do cambio organizacional con Kanban
- Test de validación Kanban para liderar e avaliar a mellora organizacional