Técnico de soporte certificado en redes CISCO « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual + teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 19/01/2026
Data fin 09/02/2026
Certificación oficial Si
Exame Cisco Certified Support Technician (CCST) Networking - (100-150 CCST Networking) Exam
Nº inscritos 47
Datos da edición
  • Período de inscrición : 19/11/2025 - 07/12/2025
  • Proba de selección : 09/12/2025 (17:30)
  • Horario : Virtual: luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas Teleformación: mércores e venres de 16:30 a 21:30 horas (horario de referencia)
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 19/01/2026 - 09/02/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O curso oficial Cisco Certified Support Technician Networking enmárcase no currículo de cursos oficiais do programa Cisco Networking Academy, e os seus contados supoñen unha vía de entrada para o desenvolvemento de habilidades profesionais fundamentais na área de Networking.
O curso trata de fundamentos das comunicación en rede, os servizos de asignación de dirección, os aspectos precisos para o dimensionamento da rede, a construción e cableado dunha rede, e a configuración de seguridade básica da mesma.

A formación ten unha duración de 70 horas (40 AULA VIRTUAL SINCRONA - 30 TELEFORMACIÓN).

HORARIO: 

Virtual: luns, martes e jxoves de 16:30 a 20:30 horas
Teleformación: mércores e venres de 16:30 a 21:30 horas (horario de referencia)

 

Obxectivos :

Dotar ao alumnado dunha formación e certificación de nivel básico, que o habilita para desenvolver roles de nivel básico como Técnico de Soporte de Rede, Soporte Técnico de nivel básico ou Especialista de Soporte de TI.

Dirixido a :

O curso está dirixido a todos/as aqueles/as profesionais de TI que desexen iniciarse no ámbito das redes informáticas ou precisen reforzar e/ou actualizar os fundamentos da comunicación neste ámbito, consolidando coñecementos con orientación á prestación de servizos de soporte a redes básicas de servizos de resolución de problemas.
Para un mellor aproveitamento do curso, é recomendable dispoñer de competencias introdutorias en redes e/ou sistemas operativos -Windows, Linux e/ou dispositivos móbiles-.

Perfil do docente :

Os docentes son instrutores acreditados polo programa Cisco Netacad e certificados nas especialidades que imparten. 
 

  • Duración :
    70 horas (40h virtuais, 30h teleformación)
  • Metodoloxía :
    Virtual + teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  1. Conceptos básicos de redes
  2. Dispositivos de rede e configuración inicial
  3. Direccionamento de rede e resolución de problemas básicos
  4. Soporte e seguridad de rede.