| Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Virtual |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 01/12/2025 |
| Data fin | 05/12/2025 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | ITIL4 Specialist: Create, Deliver and Support |
| Nº inscritos | 50 |
Este curso cobre as actividades centrais da xestión de servizos e amplía o alcance actual de ITIL para abarcar a creación de servizos. Está especialmente deseñado para profesionais e líderes IT que deseñan produtos e servizos dixitais, e que os entregan e brindan soporte aos niveis acordados; isto inclúe actividades de desenvolvemento, implementación e supervisión.
- Mellorar os procesos existentes.
- Xestionar eficazmente os equipos de TI.
- Optimizar fluxos de valor e fluxos de traballo.
- Aliñar os servizos dixitais coa estratexia comercial.
- Mellorar a forma en que se desenvolven os servizos.
- Integrar novas tecnoloxías que incorporen formas de traballo Lean, Agile e DevOps.
- Prepararche para o exame de certificación ITIL® 4 Specialist: Create, Deliver & Support.
Este curso está dirixido a profesionais e líderes IT que deseñan produtos e servizos dixitais.
Para realizar o exame de certificación, é necesario obter, previamente, a certificación ITIL® 4 Foundation.
Para o acceso ao curso terá prioridade o alumnado que esté en posesión da certificación ITIL 4 Foundation.
Instrutor acreditado por PeopleCert para a impartición do curso ITIL4 Specialist: Create, Deliver and Support
- Duración :
20 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- ITIL
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
Módulo 1. Planificar e construír un fluxo de valor do servizo:
Conceptos e desafíos relacionados co sistema de valor do servizo
Como usar o enfoque “shift left”
Como planificar e xestionar os recursos no sistema de valor do servizo
Uso e valor da tecnoloxía en sistema de valor do servizo
Módulo 2. Crear, entregar e soportar servizos no Service Value System e fluxos de valor:
Fluxo de valor para deseño, desenvolvemento e transición de novos servizos
Prácticas para o fluxo de valor dun novo servizo
Fluxo de valor para soporte a usuario
Prácticas para un fluxo de valor de soporte
Módulo 3. Como crear, entregar e soportar servizos:
Coordinar, priorizar e estruturar as actividades
Comprar ou construír, opcións de aprovisionamento e SIAM