ITIL4 Specialist: High Velocity IT « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 06/04/2026
Data fin 10/04/2026
Certificación oficial Si
Exame ITIL4 Specialist: High Velocity IT
Nº inscritos 34
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/02/2026 - 22/02/2026
  • Proba de selección : 26/02/2026 (18:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 06/04/2026 - 10/04/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O módulo ITIL® 4 Specialist: High Velocity IT está deseñado para administradores/as e profesionais de TI que traballan en contornas dixitais ou altamente automatizados, ou que ofrecen produtos e servizos dixitais. Isto inclúe a calquera persoa involucrada na transformación dixital e calquera persoa que faga a transición a formas de traballo Lean, Agile ou DevOps.

Obxectivos :
  • Aliñar os obxectivos comerciais e de TI
  • Recoñecer e xestionar sistemas adaptativos complexos
  • Pechar a brecha entre desenvolvemento e operacións
  • Mellorar o rendemento con Lean, Agile e DevOps
  • Aumentar a velocidade e a calidade dos servizos
  • Investir en ferramentas e técnicas dixitais para crear valor
  • Prepararte para o exame de certificación ITIL® 4 Specialist: High Velocity IT
Dirixido a :

O curso está dirixido a profesionais de TI, responsables de operacións, desenvolvemento e servizos dixitais que traballan en contornas altamente dinámicas, áxiles e orientadas á innovación continua.

O perfil ideal inclúe enxeñeiros/as de sistemas, arquitectos/as de solucións, xestores/as de servizos, responsables de DevOps, SRE (Site Reliability Engineers) e líderes de transformación dixital que necesiten comprender como as prácticas de ITIL® 4 poden aplicarse en organizacións que buscan entregas rápidas, seguras e de alto valor.

Este curso é especialmente axeitado para profesionais con certificación ITIL® 4 Foundation que desexen avanzar cara a niveis superiores do marco, adquirindo competencias en automatización, cultura áxil, xestión do risco dixital e entrega continua de valor.

Tamén resulta de grande interese para quen participa en equipos de desenvolvemento, operacións ou innovación, e quere aplicar os principios de Lean, Agile, DevOps e resiliencia organizacional para maximizar a eficiencia e a capacidade de resposta en contornas tecnolóxicas de alta velocidade.

Perfil do docente :

Instrutor acreditado por PeopleCert para a impartición do curso  ITIL4 Specialist: High Velocity IT.

  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • ITIL
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 1. Introdución a High Velocity IT
Conceptos clave da HVIT
Características e obxectivos da HVIT

Módulo 2. A Adopción do SVS de ITIL para habilitar a HVIT
HVIT e as catro dimensións da xestión de servizos
HVIT e o sistema de valor do servizo (SVS)
A cadea de valor do servizo
O ciclo de vida do produto dixital

Módulo 3. A cultura de TI de alta velocidade
Patróns de comportamento
Modelos e conceptos da cultura de HVIT
A cultura de HVIT e os principios guía de ITIL

Módulo 4. Obter valor con produtos dixitais
Técnicas e prácticas para lograr investimentos valiosos
Técnicas e prácticas para desenvolvementos rápidos
Técnicas e prácticas para operacións resistentes
Técnicas e prácticas para a creación conxunta de valor
Técnicas e prácticas para garantir conformidade