SAP - Usuario Contabilidade Financeira – 2ª Edición « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 04/03/2026
Data fin 26/03/2026
Certificación oficial Si
Exame P2W - SAP Contabilidad Financiera User
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/02/2026 - 15/02/2026
  • Proba de selección : 19/02/2026 (18:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas : 17 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 04/03/2026 - 26/03/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

O curso Usuario Contabilidade Financeira incluirá os módulos formativos oficiais de SAP seguintes:

  •      Business Processes in Financial Accounting in SAP S/4HANA
  •      Accounting in SAP S/4HANA

O contido do curso abarcará de forma integral todos os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para que os/as participantes estean en condicións de afrontar con éxito o exame de certificación oficial P2W - Contabilidade Financeira User
O alumnado que complete con aproveitamento os cursos impartidos, conforme aos criterios de avaliación establecidos polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), terá dereito a presentarse aos exames oficiais de certificación correspondentes. 

Posteriormente á finalización do curso, impartiranse 3 sesións adicionais de Preparación ao exame de certificación.

O material de estudo que se entregará ao alumnado será o oficial de SAP, garantindo así a calidade e adecuación aos contidos formativos. 
Ademais, garantirase ao alumnado o acceso a SAP Learning Hub durante un período mínimo de 12 meses desde o inicio da impartición da formación. Este acceso permitirá aos participantes dispoñer de recursos dixitais actualizados, exercicios prácticos, e ferramentas interactivas que reforcen a súa aprendizaxe e preparación para a certificación.

Obxectivos :

Business Processes in Financial Accounting in SAP S/4HANA
O obxectivo primordial é executar os procesos e tarefas comerciais fundamentais relacionados coa contabilidade financeira en SAP S / 4HANA

Accounting in SAP S/4HANA
O obxectivo é prepara ao alumnado para: 

  • Configurar a contabilidade de activos fixos 
  • Xestionar datos mestres de activos 
  • Realizar transaccións diarias de activos 
  • Realizar transaccións periódicas de activos 
  • Transferencia manual de datos herdados para activos
Dirixido a :

Preferentemente aos/as profesionais do sector TIC galego.

Perfil do docente :

O docente cumpre coas seguintes prescricións mínimas establecidas por SAP para a impartición dos módulos formativos detallados nesta proposta:

  •      Titulación universitaria ou Ciclo Formativo de Grao Superior, na súa falta, capacitación profesional equivalente na especialización relacionada co curso. O formador deberá estar homologado como instrutor na correspondente tecnoloxía específica do fabricante e contar con todas as certificacións da especialidade para impartir vixentes e actualizadas. 
  •      Polo menos doce meses de experiencia profesional na especialidade obxecto, excluíndo a experiencia docente 
  •      Dispoñer de experiencia metodolóxica ou experiencia docente contrastada de 500 horas de formación en especialidades relacionadas coa especialidade para impartir.
  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • SAP
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

BUSINESS PROCESSES IN FINANCIAL ACCOUNTING IN SAP S/4HANA 
     Temario: Contidos teóricos/prácticos: 

  • Capítulo 1: Visión xeral de SAP S/4HANA
  • Capítulo 2: Resumo de Financial Accounting (FI) en S/4HANA
  • Capítulo 3: Contabilidade de libro maior
  • Capítulo 4: Contabilidade de acredores
  • Capítulo 5: Contabilidade de debedores
  • Capítulo 6: Contabilidade de activos
  • Capítulo 7: Contabilidade bancaria
  • Capítulo 8: Operacións de peche na Contabilidade de libro maior

ASSET ACCOUNTING IN SAP S/4HANA 
     Temario: Contidos teóricos prácticos: 

  • Capítulo 1: Estruturas organizativas
  • Capítulo 2: Datos mestres
  • Capítulo 3: Movementos de activos fixos
  • Capítulo 4: Valoración e operacións periódicas
  • Capítulo 5: Informes en Contabilidade de activos fixos
  • Capítulo 6: Transferencia de datos antigos