PMP Ed. 7 Project Management Professional – 1º edición « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 16/02/2026
Data fin 24/02/2026
Certificación oficial Si
Exame PMP
Nº inscritos 100
Datos da edición
  • Período de inscrición : 05/01/2026 - 18/01/2026
  • Proba de selección : 20/01/2026 (19:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 16/02/2026 - 24/02/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

A medida que o mundo laboral segue evolucionando, os/as profesionais buscan formas de actualizarse e prepararse para os cambios organizativos aos que se enfrontarán. Para aqueles/as que desempeñan funcións de xestión de proxectos, esta é unha solución destacada que pode marcar a diferenza. O PMI creou a certificación de Project Management Professional (PMP)® para recoñecer a directores/as de proxecto que demostraron que posúen as habilidades para xestionar proxectos de maneira exitosa. Esta certificación demostra experiencia no liderado de proxectos e pericia en calquera forma de traballo. A certificación valida que vostede está altamente cualificado en:

  • Persoas: Recoñecendo que ten as habilidades para liderar e motivar eficazmente a un equipo de proxecto ao longo dun proxecto.
  • Procesos: Utilizando enfoques preditivos, áxiles e híbridos para determinar que forma de traballar é a mellor para cada proxecto.
  • Negocio: Destacando o éxito dun proxecto e o seu impacto nos obxectivos estratéxicos xenerais da organización.

Este curso alíñase cos contidos definidos no ECO (Exam Content Outline) e proporciona os coñecementos necesarios para prepararse para a certificación PMP®.

Obxectivos :
  • Entender a contorna empresarial no que se desenvolven os proxectos, o aliñamento estratéxico necesario, o cambio organizativo e o valor que xerarán, así como os aspectos de goberno e cumprimento dos proxectos
  • Coñecer os aspectos fundamentais que deben atoparse identificados para comezar un proxecto.
  • Entender como deseñar un plan de proxecto adaptado ás necesidades do proxecto.
  • Coñecer as habilidades necesarias para liderar ao equipo do proxecto e aos interesados para conseguir os obxectivos do proxecto.
  • Entender as accións necesarias para dar soporte ao desempeño do equipo, avaliar o progreso do proxecto e mantelo no curso apropiado.
  • Organizar o peche do proxecto ou a fase.
Dirixido a :

Persoas que teñen experiencia en xestión de proxectos, independentemente de que a súa función oficial no traballo sexa a de director/a de proxectos, que non son profesionais certificados e que poden ou non recibir formación oficial en xestión de proxectos.

REQUISITOS:
Opción A: Se tes Título Universitario (de 4 anos ou equivalente global)

  • Experiencia en Proxectos:
    • Mínimo de 36 meses (3 anos) de experiencia única e non solapada na dirección de proxectos dentro do últimos oito anos.

Opción B: Se tes Diploma de Bacharelato (ou Título Asociado/Secundaria, ou equivalente global)

  • Experiencia en Proxectos:
    • Mínimo de 60 meses (5 anos) de experiencia única e non solapada na dirección de proxectos dentro do últimos oito anos.
Perfil do docente :

Authorized Training Partner PMI

  • Duración :
    35 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • PMI
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Lección 1: Contorna Empresarial
Fundamentos
Aliñamento estratéxico
Beneficios e valor do proxecto
Cultura organizacional e gestion do cambio
Gobernanza do proxecto
Cumprimento do proxecto

Lección 2: Iniciar o proxecto
Identificar e involucrar ás partes interesadas
Formar o equipo
Construír un entendemento compartido
Determinar o enfoque do proxecto

Lección 3: Planificar o proxecto
Planificación de proxectos
Alcance
Cronograma
Recursos
Presuposto
Riscos
Calidade
Integrar plans

Lección 4: Liderar o equipo do proxecto
Desenvolver as súas habilidades de liderado
Crear unha contorna de equipo colaborativo
Empoderar ao equipo
Apoiar o rendemento dos membros do equipo
Comunicarse e colaborar coas partes interesadas
Capacitar aos membros do equipo e ás partes interesadas
Xestionar conflitos

Lección 5: Apoiar o rendemento do equipo do proxecto
Implementar a mellora continua
Apoiar o rendemento
Avaliar o progreso do proxecto
Xestionar problemas e impedimentos
Xestionar cambios

Lección 6: Pechar o proxecto/Fase
Peche do proxecto/fase
Realización de beneficios
Transferencia de coñecemento