| Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Presencial |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 09/02/2026 |
| Data fin | 13/02/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | DASA DevOps Fundamentals |
| Nº inscritos | 0 |
A Certificación DevOps Fundamentals está deseñada para proporcionar a educación básica necesaria para desenvolver o seu vocabulario DevOps e comprender os seus principios e prácticas. Coa axuda de conceptos e terminoloxía crave de DevOps, casos de estudos da vida real,
exemplos e exercicios extensos en cada módulo, o alumnado adquirirá unha comprensión fundamental de DevOps.
Ao finalizar o curso, as persoas que superen o curso realizarán o exame de certificación oficial para a consecución da certificación DevOps Fundamentals. Considerarase superado o curso cando o grao de asistencia e aproveitamento do alumnado ao curso sexa superior ao
esixido polo CNTG.
O alumnado obterá a Certificación DevOps Fundamentals de DASA ao pasar o exame correspondente. Esta certificación recoñece #ante empresas e organismos internacionais aos profesionais que controlan os fundamentos desta metodoloxía de traballo.
Unha vez finalizado o curso e superado o exame de certificación o alumno obterá un diploma acreditativo de recibir a formación, emitido por EIGP como Training Partners de DASA. O documento certificará que recibiron a formación oficial preparatoria.
Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de:
- Comprender a filosofía DevOps e o seu impacto na cultura organizacional.
- Identificar os principios crave de colaboración, automatización, medición e mellora continua.
- Recoñecer os roles e responsabilidades dentro dunha contorna DevOps.
- Aplicar boas prácticas para fomentar a integración entre desenvolvemento e operacións.
- Valorar a importancia do cambio cultural cara á entrega continua e a aprendizaxe constante.
- Prepararse para superar con éxito o exame oficial de certificación DASA DevOps Fundamentals.
- Persoas en transición de roles tradicionais de operacións ou desenvolvemento cara a perfís máis integradores.
- Persoas interesadas en aprender como funciona a tecnoloxía detrás das aplicacións modernas, a automatización e a mellora de procesos.
- Estudantes de últimos anos de Enxeñería Informática, Sistemas, Telecomunicacións ou outras carreiras afíns.
- Profesionais de TI, desenvolvedores/as de software, administradores/as de sistemas ou técnicos/as que desexen ampliar o seu coñecemento cara á cultura e ferramentas DevOps.
Formador e consultor con máis de 30 anos de experiencia en xestión empresarial e transformación dixital, especializado en metodoloxías áxiles e marcos de referencia para IT Governance.
Certificado como formador oficial en DevOps, impartiu formación nesta disciplina tanto en contornas corporativas como institucionais, combinando o ensino coa consultoría estratéxica en xestión do cambio e mellora continua.
O seu enfoque formativo integra DevOps dentro dunha visión global de xestión do cambio, calidade do servizo e eficiencia organizativa, complementando esta ferramenta con marcos recoñecidos como Lean IT, ITIL 4, VeriSM, Agile e PRINCE2.
- Duración :
20 horas - Metodoloxía :
Presencial - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- DASA
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
1. Introdución
Concepto e orixe de DevOps. Contexto histórico e evolución desde os enfoques tradicionais de desenvolvemento e
operacións. Beneficios e obxectivos do modelo DevOps.
2. Agile
Relación entre Agile, Lean e DevOps. Principios e valores áxiles aplicados ao ciclo de vida do software. Como DevOps
amplía e complementa as metodoloxías áxiles.
3. Marco DevOps
Visión xeral do marco DASA DevOps. Compoñentes esenciais: Cultura, Organización, Procesos e Automatización
(CAMS). O ciclo de entrega continua e a integración de equipos.
4. Cultura
Cambio cultural e mentalidade colaborativa. Fomento da comunicación, a confianza e a responsabilidade
compartida. Superación de silos e resistencia ao cambio.
5. Organización
Roles, responsabilidades e estrutura de equipos DevOps. Traballo multifuncional, liderado distribuído e
empoderamento do persoal.
6. Procesos
Xestión do ciclo de vida do servizo. Integración continua (CI), entrega continua (CD) e despregamento continuo.
Fluxo de valor, retroalimentación e mellora do proceso.
7. Automatización
Automatización da infraestrutura, despregamento e probas. Ferramentas e prácticas clave (CI/CD, IaC,
monitorización e orquestración). Beneficios e desafíos da automatización.
8. Medición e mellora
Definición e seguimento de métricas e KPIs. Avaliación do rendemento e aprendizaxe continuo. Implementación dunha
cultura de mellora constante.
9. DevOps para individuos
Competencias profesionais e habilidades necesarias en contornas DevOps. Desenvolvemento persoal, colaboración e
liderado áxil.
10. DevOps para organizacións
Adopción do modelo DevOps a nivel empresarial. Estratexias de implementación, madurez organizacional e
xestión do cambio. Casos de éxito e mellores prácticas.
11. Xerais
Sínteses dos conceptos fundamentais de DevOps. Revisión final e preparación para o exame oficial DASA
DevOps Fundamentals.