Cloud DevOps Engineer « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 11/03/2026
Data fin 27/03/2026
Certificación oficial Si
Exame Google Cloud - Cloud DevOps Engineer
Nº inscritos 0
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/02/2026 - 22/02/2026
  • Proba de selección : 25/02/2026 (19:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 11/03/2026 - 27/03/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Este curso proporciona os coñecementos necesarios para avanzar na túa traxectoria profesional como enxeñeiro/a DevOps e brinda a capacitación recomendada por Google Cloud para apoiar a túa preparación cara á obtención da certificación de Google Cloud Professional DevOps Engineer, amplamente recoñecida na industria.
Ademais, terás a oportunidade de poñer en práctica habilidades crave utilizando Google Cloud para software delivery pipelines, implementar e monitorizar servizos e xestionar incidencias. Aprenderás a aplicar os principios de SRE a un servizo, técnicas de monitorización, solución de problemas, mellorar da infraestrutura e o rendemento da aplicación, entre outras funcionalidades.

As probas de selección serán PRESENCIAIS e terán lugar na sede do CNTG.

Para a realización da citada proba de selección, é recomendable ter un coñecemento de nivel medio de comprensión lectora en inglés, posto que a proba pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta neste curso realízase en inglés.

Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares.

Obxectivos :
  • Coñecer as habilidades necesarias para o rol de enxeñeiro DevOps con Google Cloud.
  • Aprender as técnicas para monitorizar, solucionar problemas e mellorar o rendemento da infraestrutura e as aplicacións en Google Cloud, guiadas polos principios de SRE.
  • Coñecer o uso de Terraform para Google Cloud.
  • Describir como se pode utilizar Terraform para implementar infraestrutura como código e aplicar algunhas das súas características e funcionalidades crave para crear e administrar a infraestrutura de Google Cloud.
     
Dirixido a :

Enxeñeiros/as DevOps encargados/as de xestionar os procesos ao longo do ciclo de vida do desenvolvemento de sistemas, implementando prácticas recomendadas para a entrega eficiente e confiable de software e a administración de infraestrutura

Perfil do docente :

Os nosos formadores son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos campos de aplicación. Posúen as certificacións oficiais do fabricante (neste caso Google) para impartir estes cursos.

  • Duración :
    60 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cloud
    • Google
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas
  • Google Cloud Fundamentals: Core Infrastructure
  • Logging and Monitoring in Google Cloud
  • Getting Started with Terraform Google Cloud
  • Architecting with Google Cloud Platform: design and process