Certified Ethical Hacker (CEH) v13 « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 16/02/2026
Data fin 27/02/2026
Certificación oficial Si
Exame 312-50 ECCouncil / Certified Ethical Hacker (CEH)
Nº inscritos 59
Datos da edición
  • Período de inscrición : 05/01/2026 - 18/01/2026
  • Proba de selección : 19/01/2026 (17:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas. Venres de 16:00 a 20:00
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 16/02/2026 - 27/02/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Dos creadores de Certified Ethical Hacker (CEH) chega a versión 13, completamente renovada e integrada con avanzadas capacidades de IA.

Este programa está estruturado en 20 módulos de aprendizaxe, abarcando máis de 550 técnicas de ataque e proporciónache o coñecemento fundamental para destacar como profesional da ciberseguridade.

As probas de selección serán PRESENCIAIS e terán lugar na sede do CNTG.

Para a realización da citada proba de selección, é recomendable ter un coñecemento de nivel medio de comprensión lectora en inglés, posto que a proba pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta neste curso realízase en inglés.

Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares.

Obxectivos :

O curso de Certified Ethical Hacker (CEH) ten como obxectivo ofrecer unha comprensión profunda das técnicas e ferramentas esenciais no hacking ético. Os/as participantes aprenderán a identificar e analizar vulnerabilidades en sistemas e redes, dominando técnicas de recoñecemento, escaneo, enumeración e explotación, mentres exploran ameazas como malware e ataques de denegación de servizo. Tamén se abordarán aspectos cruciais da seguridade en aplicacións web, redes sen fíos, dispositivos móbiles, IoT e computación na nube, xunto con principios de criptografía e estratexias de contramedidas efectivas. Este curso prepara ao alumnado para enfrontar os desafíos de seguridade nunha contorna dixital en constante cambio.
Exame de certificación incluído:  312-50 ECCouncil / Certified Ethical Hacker (CEH)

Dirixido a :

Este curso está dirixido particularmente a responsables de seguridade, auditores/as, profesionais de seguridade, administradores/as de sistemas e a quen estea interesados/as na seguridade dos sistemas de información.

Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de ínguas.

Perfil do docente :

Os nosos formadores son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso EC Council) para impartir estes cursos. 

  • Duración :
    48 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • EC-Council
    • Ciberseguridade
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 01: Introdución ao Ethical Hacking

Módulo 02: Footprinting e Recoñecemento

Módulo 03: Scanning de Redes

Módulo 04: Enumeración

Módulo 05: Análise de Vulnerabilidades

Módulo 06: Hacking de Sistemas

Módulo 07: Ameazas de Malware

Módulo 08: Sniffing

Módulo 09: Enxeñería Social

Módulo 10: Denial-of-Service

Módulo 11: Secuestro de Sesións

Módulo 12: Evadir IDS, Firewalls e Honeypots

Módulo 13: Hacking de Servidores Web

Módulo 14: Hacking de Aplicacións Web

Módulo 15: Inxección SQL

Módulo 16: Hacking de Redes sen fíos

Módulo 17: Hacking de Plataformas Móbiles

Módulo 18: Hacking de IoT

Módulo 19: Cloud computing

Módulo 20: Criptografía