| Tipo de edición | Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Virtual |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 09/03/2026 |
| Data fin | 23/03/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | 312-49 EC-Council Certified Computer Hacking |
| Nº inscritos | 0 |
O curso Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) proporciona aos/as seus/suas asistentes unha sólida comprensión da ciencia forense dixital, presentando un enfoque detallado e metodolóxico da mesma e unha análise de evidencias que vira contorna á Dark Web, IoT e Cloud Forensics. As ferramentas e técnicas cubertas neste programa prepararán ao alumnado para realizar investigacións dixitais utilizando distintas tecnoloxías dixitais forenses innovadoras.
O contido impartido na presente formación axuda ao/a candidato/a para fortalecer o seu coñecemento aplicado en ciencia forense dixital e equípalle coas habilidades necesarias para investigar de maneira proactiva ameazas de seguridade complexas, o que lle permite investigar, rexistrar e reportar delitos cibernéticos para previr futuros ataques.
As probas de selección serán PRESENCIAIS e terán lugar na sede do CNTG.
Para a realización da citada proba de selección, é recomendable ter un coñecemento de nivel medio de comprensión lectora en inglés, posto que a proba pode incluír preguntas en inglés e o exame oficial de certificación ao que se opta neste curso realízase en inglés.
Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares.
O curso Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) foi deseñado por expertos da industria para aplicar complexas prácticas de investigación forense, o que permitirá aos/as candidatos/as:
- Desempeñar un papel activo na investigación e conservación de probas dixitais e non dixitais dun ataque.
- Contrarrestar a serie de compromisos.
- Utilizar intelixencia de ameazas para anticipar e alertar aos equipos cibernéticos en caso de futuros ataques.
Exame de certificación incluído: 312-49 EC-Council Certified Computer Hacking
A presente formación está dirixida aos seguintes perfís laborais:
- Auditores/as de Seguridade.
- Corpos de seguridade e persoal de defensa.
- Técnicos/as en seguridade, administradores/as de redes e sistemas.
- Responsables de TI.
Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de ínguas.
Os nosos formadores son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso EC Council)para impartir estes cursos.
- Duración :
48 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Ciberseguridade
- EC-Council
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
Módulo 01: Computer Forensics in Today's World
Módulo 02: Computer Forensics Investigation Process
Módulo 03: Understanding Hard Disks and File Systems
Módulo 04: Data Acquisition and Duplication
Módulo 05: Defeating Anti-forensics Techniques
Módulo 06: Windows Forensics
Módulo 07: Linux and Mac Forensics
Módulo 08: Network Forensics
Módulo 09: Malware Forensics
Módulo 10: Investigating Web Attacks
Módulo 11: Dark Web Forensics
Módulo 12: Cloud Forensics
Módulo 13: Email and Social Media Forensics
Módulo 14: Mobile Forensics
Módulo 15: IoT Forensics