ISACA Advanced in AI Security Management (AAISM) « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 23/02/2026
Data fin 26/02/2026
Certificación oficial Si
Exame ISACA Advanced in AI Security Management (AAISM)
Nº inscritos 53
Datos da edición
  • Período de inscrición : 05/01/2026 - 18/01/2026
  • Proba de selección : 21/01/2026 (19:30)
  • Horario : De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 23/02/2026 - 26/02/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Curso oficial de preparación para a certificación Avanzado en Xestión da Seguridade da Intelixencia Artificial (AAISM) de ISACA. Este curso, impartido por instrutor certificado, proporciona aos profesionais da seguridade da información os coñecementos necesarios para gobernar, deseñar, implantar e xestionar de forma segura solucións de intelixencia artificial en contornas organizativas.

O curso cobre os principios de goberno e xestión de programas de IA, a xestión de riscos e oportunidades asociadas á IA, así como as tecnoloxías, arquitecturas e controis de seguridade específicos de sistemas de IA.Está orientado á práctica profesional e combina contidos teóricos con preguntas de comprobación de coñecementos, estudos de caso, actividades e debates, facilitando a aplicación dos conceptos a escenarios reais de negocio e preparando ao alumno para o exame oficial AAISM.

Obxectivos :

Ao finalizar o curso, o alumno será capaz de:

  • Comprender os principios de goberno e xestión de programas de intelixencia artificial na organización.
  • Identificar roles, responsabilidades e partes interesadas no uso seguro da IA.
  • Analizar os riscos e oportunidades asociados á IA, así como definir límites aceptables e respostas ao risco.
  • Avaliar o ciclo de vida dos activos e datos de IA, desde o seu deseño ata a súa retirada.
  • Aplicar controis de seguridade, privacidade, ética e confianza específicos para sistemas de IA.
  • Comprender a arquitectura e o deseño de seguridade de solucións de IA.
  • Xestionar incidentes de seguridade relacionados con IA e asegurar a continuidade do negocio.
  • Prepararse de forma estruturada para a superación do exame oficial AAISM de ISACA.
Dirixido a :

Este curso está dirixido a profesionais que desempeñan funcións relacionadas coa seguridade da información, a xestión de riscos, o goberno de TI e a implantación de solucións de intelixencia artificial, tales como:

  • Responsables de seguridade da información (CISO, responsables de ciberseguridade).
  • Profesionais de GRC (Goberno, Risco e Cumprimento).
  • Arquitectos e responsables de seguridade de sistemas de IA.
  • Responsables de xestión de riscos tecnolóxicos.
  • Auditores de sistemas de información.
  • Responsables de privacidade e protección de datos.
  • Profesionais involucrados no deseño, desenvolvemento ou adopción de solucións de IA na organización.
Perfil do docente :

O curso será impartido por instrutor certificado por ISACA, con experiencia demostrable en:

  • Seguridade da información e ciberseguridade.
  • Goberno, risco e cumprimento (GRC).
  • Xestión de riscos tecnolóxicos e de IA.
  • Implantación e avaliación de controis de seguridade.
  • Normativas, marcos regulatorios e estándares relacionados con IA, privacidade e seguridade.
  • O docente conta con experiencia práctica en contornas corporativas e está capacitado para trasladar os contidos do curso a casos reais de aplicación profesional, aliñados cos requisitos do exame AAISM.
  • Duración :
    16 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • ISACA
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Dominio 1: Goberno/gobernanza e xestión do programa de IA

  • Consideracións das partes interesadas, marcos do sector e requisitos regulatorios.
  • Estratexias, políticas e procedementos relacionados coa IA.
  • Xestión do ciclo de vida de activos e datos de IA.
  • Desenvolvemento e xestión do programa de seguridade da IA.
  • Continuidade do negocio e resposta a incidentes relacionados con IA.

Dominio 2: Xestión de riscos e oportunidades da intelixencia artificial

  • Marcos de avaliación de riscos de IA, límites aceptables e respostas.
  • Xestión de ameazas e vulnerabilidades da IA.
  • Xestión de provedores, implantadores e cadea de subministración de IA.

Dominio 3: Tecnoloxías e controis da IA

  • Arquitectura e deseño de seguridade da IA.
  • Ciclo de vida da IA.
  • Controis de xestión de datos.
  • Controis de privacidade, ética, confianza e seguridade.
  • Controis de seguridade e monitorización.

Preparación para o exame AAISM: 

  • Estrutura e normas do exame AAISM.
  • Consellos prácticos para a preparación.
  • Día do exame e proceso de certificación.