| Tipo de edición | Edición única (desempregados/as e ocupados/as) |
|---|---|
| Metodoloxía | Virtual |
| Tipo | CURSO |
| Matrícula | Gratuíta |
| Data inicio | 01/06/2026 |
| Data fin | 09/06/2026 |
| Certificación oficial | Si |
| Exame | Especialista Cybentia en Ciberseguridade en Vehículos Eléctricos |
| Nº inscritos | 14 |
Formación en liña de 30 horas de duración, onde l@s alumn@s aprenderán con seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con titorías personalizadas, documentación crave e material adicional, profundando nos riscos, requisitos normativos e boas prácticas de ciberseguridade aplicadas aos vehículos eléctricos de diferentes categorías e as súas infraestruturas.
Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” - “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.

- Coñecer a tecnoloxía e dispositivos que fan diferentes aos vehículos eléctricos
- Aprender os aspectos normativos relacionados coa ciberseguridade en vehículos eléctricos
- Comprender os riscos de ciberseguridade que afectan os vehículos eléctricos
- Afondar nas mitigacións para evitar ataques contra as infraestruturas de carga.
Talleres, certificadoras, aseguradoras, peritos, xestores de frotas, empresas de compoñentes e cargadores, fabricantes de vehículos, centros de investigación, desenvolvedores de software do sector da mobilidade electrificada, Servizos Técnicos Homologadores.
Equipo docente especializado en ciberseguridade aplicada á automoción e a mobilidade, cunha ampla traxectoria combinada en investigación, avaliación tecnolóxica, operacións, comunicación e dirección de proxectos.
O profesorado acumula unha extensa experiencia no desenvolvemento e implementación de metodoloxías de avaliación de ciberseguridade baseadas na Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155, investigación de ciberataques no ecosistema da mobilidade, apoio na xeración de estándares creados por organismos internacionais e liderado de iniciativas de innovación. A súa participación en proxectos estratéxicos, tanto no ámbito civil como institucional, garante un enfoque práctico e aliñado coas necesidades reais do sector da mobilidade.
No ámbito formativo, o equipo impartiu, coorganizado e supervisado máis de mil horas de programas especializados dirixidos a Forzas e Corpos de Seguridade, fabricantes, aseguradoras e centros de investigación. O seu labor docente caracterízase pola combinación de experiencia operativa, capacidade pedagóxica e actualización constante, ofrecendo unha formación de alto nivel adaptada aos retos actuais da mobilidade conectada e segura.
- Duración :
30 horas - Metodoloxía :
Virtual - Matrícula :
Gratuíta - Tecnoloxía :
- Ciberseguridade/Ciberseguridad
- Beneficios :
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Módulos transversais :
- Igualdade de 5 horas
- O vehículo eléctrico e os seus compoñentes
- Normativas de ciberseguridade para vehículos eléctricos
- Riscos de ciberseguridade compartidos en vehículos eléctricos e térmicos
- Riscos de ciberseguridade exclusivos do vehículo eléctrico Infraestruturas de carga: tecnoloxías e compoñentes
- O punto débil do vehículo eléctrico: ciberseguridade en puntos de carga