Curso de Ciberseguridade nas Frotas de Vehículos « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 18/05/2026
Data fin 21/05/2026
Certificación oficial Si
Exame Especialista Cybentia en Ciberseguridade nas Frotas de Vehículos e SGF
Nº inscritos 11
Datos da edición
  • Período de inscrición : 16/03/2026 - 05/04/2026
  • Proba de selección : 07/04/2026 (17:30)
  • Horario : De luns a mércores de 16:30 a 20:30 horas e xoves de 16:30 a 19:30 horas
  • Número de prazas : 14 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 18/05/2026 - 21/05/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Formación en liña de 15 horas de duración, onde l@s alumn@s explorarán seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con informes especializados, documentación crave, material adicional e titorías personalizadas, co obxectivo de coñecer en profundidade os principais vectores de ataque que afectan as frotas de vehículos conectados, os requisitos normativos e estándares aplicables e as mellores prácticas para protexer a comunicación, a telemetría, os dispositivos embarcados e a infraestrutura dixital asociada.

Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” - “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Nextgen Incibe

Obxectivos :

Coñecer como é a tecnoloxía que implementan os vehículos conectados que forman parte dunha frota de vehículos e a que ciber-riscos expoñen tanto aos pasaxeiros que viaxan a bordo como á empresa da que forman parte | Estudo de como se debe realizar a integración da ciberseguridade nas frotas e o SGF, desde que momento debe levar a cabo, que cambios e melloras obriga a implementar na organización, nos SGF e nos vehículos cos que conte unha empresa para realizar os seus traballos e funcións | Aprender que lexislacións de ciberseguridade aplicadas a vehículos existen na actualidade e como se aplican, cal é o obxectivo do Test EUROCYBCAR e a metodoloxía ESTP e todo o que achega aos vehículos conectados dunha empresa.

Dirixido a :

 

Profesionais de empresas de renting, leasing, de vehículo compartido, xestores de frotas, desenvolvedores de dispositivos de xestión e apps de mobilidade, peritos, responsables do parque móbil de corpos policiais, empresas de mensaxería e paquetería, talleres especializados en frotas de vehículos, CISOs que busquen especializarse no sector da automoción / mobilidade.

Perfil do docente :

Equipo docente especializado en ciberseguridade aplicada á automoción e a mobilidade, cunha ampla traxectoria combinada en investigación, avaliación tecnolóxica, operacións, comunicación e dirección de proxectos.

O profesorado acumula unha extensa experiencia no desenvolvemento e implementación de metodoloxías de avaliación de ciberseguridade baseadas na Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155, investigación de ciberataques no ecosistema da mobilidade, apoio na xeración de estándares creados por organismos internacionais e liderado de iniciativas de innovación. A súa participación en proxectos estratéxicos, tanto no ámbito civil como institucional, garante un enfoque práctico e aliñado coas necesidades reais do sector da mobilidade.

No ámbito formativo, o equipo impartiu, coorganizado e supervisado máis de mil horas de programas especializados dirixidos a Forzas e Corpos de Seguridade, fabricantes, aseguradoras e centros de investigación. O seu labor docente caracterízase pola combinación de experiencia operativa, capacidade pedagóxica e actualización constante, ofrecendo unha formación de alto nivel adaptada aos retos actuais da mobilidade conectada e segura.

  • Duración :
    15 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade/Ciberseguridad
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas
  • O vehículo conectado e consellos básicos de ciberseguridade
  • A ciberseguridade en aspectos organizativos e operacións dun SGF
  • Medios tecnolóxicos empregados para o control da Frota
  • O obxectivo dos ciberdelincuentes: causas e consecuencias de ciberataques a frotas de vehículos
  • Como se pode saber se unha frota de vehículos é cibersegura?