Curso Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155 « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 20/04/2026
Data fin 23/04/2026
Certificación oficial Si
Exame Experto Cybentia en Normativa de Ciberseguridade para Vehiculos UNECE/R155
Nº inscritos 10
Datos da edición
  • Período de inscrición : 16/03/2026 - 05/04/2026
  • Proba de selección : 07/04/2026 (16:30)
  • Horario : De luns a mércores de 16:30 a 20:30 horas e xoves de 16:30 a 19:30 horas
  • Número de prazas : 17 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 20/04/2026 - 23/04/2026
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela

Formación en liña de 15 horas de duración, onde l@s alumn@s explorarán seis módulos audiovisuais exclusivos, complementados con informes especializados, documentación crave, material adicional e titorías personalizadas, co obxectivo de coñecer en profundidade a Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155 e o seu impacto na industria da automoción e a mobilidade. 

Dita actuación realizase no marco do proxecto denominado “Centro de innovación e competencia en ciencias da saúde, transporte intelixente, industria conectada e excelencia operativa” - “Proxecto RETECH CCAA”, financiado ao 75% polo INCIBE con cargo en fondos NextGenerationEU provenientes do mecanismo MRR e 25% fondos con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Nextgen Incibe

Obxectivos :

Concienciar ao alumnado sobre a importancia de manter boas prácticas de ciberseguridade nos automóbiles, que coñezan como é a tecnoloxía que implementan os vehículos conectados e a que ciber-riscos expóñense os que viaxan a bordo. Analizar a normativa UNECE/R155 en profundidade e estudar o impacto da entrada en vigor da normativa en xullo de 2024.

Dirixido a :

Fabricantes de vehículos e de compoñentes, usuarios, xestores de frotas, aseguradoras, peritos, talleres de mecánica, carroceros, transformadores, concesionarios, formadores, consultores, analistas, investigadores, xornalistas, comunicadores, Administracións Públicas e organismos reguladores.

Perfil do docente :

Equipo docente especializado en ciberseguridade aplicada á automoción e a mobilidade, cunha ampla traxectoria combinada en investigación, avaliación tecnolóxica, operacións, comunicación e dirección de proxectos.

O profesorado acumula unha extensa experiencia no desenvolvemento e implementación de metodoloxías de avaliación de ciberseguridade baseadas na Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE/R155, investigación de ciberataques no ecosistema da mobilidade, apoio na xeración de estándares creados por organismos internacionais e liderado de iniciativas de innovación. A súa participación en proxectos estratéxicos, tanto no ámbito civil como institucional, garante un enfoque práctico e aliñado coas necesidades reais do sector da mobilidade.

No ámbito formativo, o equipo impartiu, coorganizado e supervisado máis de mil horas de programas especializados dirixidos a Forzas e Corpos de Seguridade, fabricantes, aseguradoras e centros de investigación. O seu labor docente caracterízase pola combinación de experiencia operativa, capacidade pedagóxica e actualización constante, ofrecendo unha formación de alto nivel adaptada aos retos actuais da mobilidade conectada e segura.

  • Duración :
    15 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade/Ciberseguridad
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

 

  • Análise da importancia dun regulamento de ciberseguridade para vehículos
  • Aprender os diferentes requisitos que debe cumprir un vehículo para venderse na Unión Europea
  • Coñecer as 70 ameazas ás que debe protexerse un vehículo para obter o certificado de ciberseguridade
  • Todo sobre a normativa UNECE/R155 Impacto da normativa no sector da automoción / mobilidade
  • Como medir e certificar a ciberseguridade dos vehículos