Administración de sistemas operativos Linux - Certificación LPIC-1 (Teleformación) - Edición 1 « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Teleformación
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 22/11/2021
Data fin 07/03/2022
Certificación oficial Si
Exame LPI 101-500, LPI 102-500
Nº inscritos 200
Datos da edición
  • Período de inscrición : 22/10/2021 - 22/10/2021
  • Proba de selección : 09/11/2021 (11:00)
  • Número de prazas : 40 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 22/11/2021 - 07/03/2022
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Este curso oficial constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional de certificación LPIC-1: Linux Administrator.

Desenvolvido dende unha orientación de aprendizaxe baseada na práctica, o curso proporcionará ao alumnado acceso a ferramentas mediante as que levará a cabo multitude de laboratorios e escenarios reais que se propoñen ao longo da formación.

O curso será en modalidade de teleformación (horario libre) e a proba de selección realizarase en liña, polo que é necesario que as persoas interesadas en participar teñan:

  • Correo electrónico
  • Ordenador con conexión a internet.
  • Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares, e para a proba de selección micrófono e cámara web.

O CNTG facilitará os correos electrónicos das persoas inscritas á empresa organizadora das probas para que esta poida crearlles e comunicarlles as ligazóns de acceso tanto á proba como ao curso.

Os días non lectivos para este curso serán do 24 de decembro ao día 9 de xaneiro incluídos.

A inscrición poderá pecharse antes da data indicada no caso de alcanzarse o límite de 200 persoas inscritas.

 

 

Obxectivos :

Ao final do curso, os asistentes adquirirán habilidades profesionais para o desenvolvemento de tarefas de mantemento dende a liña de comandos, instalación e configuración dun equipo Linux e configuración de funcionalidades básicas de rede. O curso alíñase cos seguintes obxectivos da certificación LPIC 1:

  • Arquitectura de sistemas
  • Instalación de Linux e Mantemento de paquetes
  • Comandos GNU e Unix
  • Dispositivos, sistema de ficheiros Linux e xerarquía estándar dos sistemas de ficheiros Linux
  • Shells, Scripting e administración de datos
  • Interfaces e Escritorios
  • Tarefas de administración
  • Servizos básicos do sistema
  • Fundamentos de rede
  • Seguridade
Dirixido a :

Dirixido a persoas que queiran iniciarse profesionalmente na administración de sistemas operativos Linux.

Para o máximo aproveitamento do curso, recoméndase que os/as asistentes teñan coñecemento básico do sistema operativo Linux.

 

Perfil do docente :

Os/as formadores/as son persoas con máis de 10 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso LPI) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.

  • Duración :
    140 horas
  • Metodoloxía :
    Teleformación
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

LPI 101-500: Administración de Linux - Primeira parte

  • Tema 101: Arquitectura de sistemas
  • Tema 102: Instalación de Linux e xestión de paquetes
  • Tema 103: Comandos GNU e UNIX
  • Tema 104: Dispositivos, sistemas de ficheiros Linux e xerarquía estándar do sistema de ficheiros

LPI 102-500: Administración de Linux - Parte 2

  • Tema 105: Intérpretes de comandos, guións e xestión de datos
  • Tema 106: Interfaces de usuario e escritorio
  • Tema 107: Tarefas administrativas
  • Tema 108: Servizo esencial do sistema
  • Tema 109: Coñecementos básicos de rede
  • Tema 110: Seguridade