NOVAS

Volver á páxina Índice
« Atrás

Aberto o prazo de inscrición a unha nova edición dos cursos de Xemelgos Dixitais

Comezo en setembro de 2026

No marco da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, está aberto o prazo de inscrición a unha NOVA EDICIÓN dos CURSOS asociados ao Plan de Formación sobre Tecnoloxías Habilitadoras asociadas aos Xemelgos Dixitais que se impartirán no mes de SETEMBRO en modalidade VIRTUAL.

Dita actuación realizarase no marco do proxecto denominado "Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais". Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

O procedemento de selección a estes cursos, como se indica nas fichas dos cursos, é por orde de solicitude, sen que sexa necesario realizar proba de selección. Tendo en conta que o número de prazas é limitado, recórdase a obriga de asistencia, no caso de ser seleccionado.