NOVAS
Aberto o prazo de inscrición a unha nova edición dos cursos de Xemelgos Dixitais
Comezo en setembro de 2026
No marco da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, está aberto o prazo de inscrición a unha NOVA EDICIÓN dos CURSOS asociados ao Plan de Formación sobre Tecnoloxías Habilitadoras asociadas aos Xemelgos Dixitais que se impartirán no mes de SETEMBRO en modalidade VIRTUAL.
Dita actuación realizarase no marco do proxecto denominado "Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en Xemelgos Dixitais". Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
O procedemento de selección a estes cursos, como se indica nas fichas dos cursos, é por orde de solicitude, sen que sexa necesario realizar proba de selección. Tendo en conta que o número de prazas é limitado, recórdase a obriga de asistencia, no caso de ser seleccionado.
- Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades (CURSO VIRTUAL)
- Sensores, telemetría xenérica e recolección territorial - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Introdución a Data Lakes e Data Warehouses - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Directiva INSPIRE e metadatos xeoespaciais (CURSO VIRTUAL)
- Casos prácticos de recolección e clientes MQTT - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Representación territorial e analítica agnóstica - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Apache Spark e procesamento masivo territorial - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Ecosistema FIWARE, Context Broker, Kafka e RabbitMQ - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Principios de visualización masiva e IA aplicada - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)
- Interoperabilidade con espazos de datos europeos - 2ª edición (CURSO VIRTUAL)