Política de privacidade

- A política de privacidade da Xunta de Galicia e por tanto do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos requeridos.

- O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, e no resto da normativa que sexa de aplicación.

- En todo caso o Centro manterá absoluta confidencialidade e reserva sobre calquera dato de tipo persoal que puidese coñecer consecuencia do desenvolvemento das actividades e competencias que lle son propias.

- Para garantir a privacidade e confidencialidade dos datos persoais, algunhas páxinas deste portal  están protexidas baixo o protocolo de seguridade SSL.