Termos do servizo

Propiedade intelectual

- A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel xunta.es

- Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos elementos nel contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia.

- Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas, actividades e servizos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, facilitando así as súas relacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Fotografías

- As imaxes desta páxina pertencen ao fondo fotográfico da Consellería de Traballo e Benestar.

 

Cláusula de exención de responsabilidade

- Os contidos facilitados a través desta web ofrécense con efectos simplemente informativos e non substitúen á publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG ou noutros boletíns oficiais.

- O Centro de Novas Tecnoloxías non se fai responsable dos danos e perdas que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, sendo, tanto o acceso ao portal coma o uso que poida facerse da información contida no mesmo, da exclusiva responsabilidade do usuario.

- Aos efectos de facilitar o acceso ao coñecemento e a información, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia posibilita o acceso a páxinas externas sobre as que non ten ningún control e respecto ás que non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos existentes en ditas páxinas externas ás que se fai referencia na web.

- O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia resérvase para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información mostrada ou a configuración dos seus contidos.

 

Reprodución

- A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal. En todo caso a ligazón conterá indicación expresa da fonte de datos: "Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar"

 

Servizo

- Preténdemos reducir ao mínimo os problemas ocasionados por erros de carácter técnico, non sendo responsabilidade do Centro as deficiencias do servizo nin os problemas que poidan xurdir como resultado da consulta destas páxinas.

 

Contas de correo e notificacións

- A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

- Todas as notificacións persoais realizadas vía e-mail ou SMS terán únicamente efectos informativos.

 

Recomendacións de acceso

- A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

- Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Mozilla e derivados (Firefox), Internet Explorer, etc.

- En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels.

 

Termos de uso

- Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

- Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

- O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.