Axilidade na Xestión do Cambio « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 04/09/2025
Data fin 04/09/2025
Datos da edición
  • Período de inscrición : 18/08/2025 - 03/09/2025
  • Horario : O 04/09/2025 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 04/09/2025 - 04/09/2025

Xestionar o cambio organizacional pode ser un desafío, pero cos principios áxiles, é posible transformalo nunha oportunidade de crecemento. Nesta sesión, explorarás estratexias para minimizar o impacto do cambio nos equipos e procesos, e aprenderás a liderar con confianza durante períodos de transición. Ademais, descubrirás ferramentas prácticas e enfoques de comunicación efectivos para garantir que o cambio se implemente de maneira fluída e sostible.

O relator será  Aitor Castro Casas,que conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión de proxectos, produtos e servizos, combinando o seu perfil técnico cun enfoque humano centrado na mellora continua e na axilidade organizativa. Actualmente é socio, director de calidade e agile coach en Dilemma Solutions, donde impulsa o desenvolvemento de produtos sanitarios con tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial. Como formador e consultor, Aitor colabora con entidades como Scrum Manager, ProKanban.org, Escuela de Finanzas (EFBS) ou l Universidad Internacional de La Rioja (UNIR), impartindo cursos oficiais sobre metodoloxías áxiles, métricas, OKR, IA e liderado. Está certificado pola principais organizacións internacionais en axilidade, xestión de proxectos e transformación dixital (Scrum.org, PMI, Scaled Agile, PeopleCert, entre outras), e ten acompañado a empresas como Estrella Galicia, Ibermática, Televes ou Johnson Controls nos seus procesos de evolución organizativa.

Obxectivos :

O obxectivo desta sesión é que comprendas os desafíos asociados á xestión do cambio organizacional e aprendas a abordalos mediante principios áxiles. Descubrirás como deseñar estratexias de comunicación efectivas para minimizar a resistencia ao cambio e liderar procesos de transformación de maneira eficiente. Tamén explorarás ferramentas prácticas para xestionar o impacto do cambio en equipos e procesos, fomentando un liderado adaptativo e proactivo durante períodos de transición.

Dirixido a :

Dirixido a directores, responsables de equipo e profesionais involucrados na xestión de proxectos de transformación organizacional.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Principios áxiles aplicados á xestión do cambio.
  • Estratexias para liderar o cambio con confianza e minimizar a resistencia.
  • Ferramentas prácticas para a planificación e execución do cambio.
  • Comunicación efectiva en escenarios de transformación.
  • Casos prácticos: leccións aprendidas de proxectos exitosos.