Desenvolvemento de APIs intelixentes con FastAPI e modelos de ML « Atrás
Datos da edición
  • Período de inscrición : 27/10/2025 - 12/11/2025
  • Horario : O 13/11/2025 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 13/11/2025 - 13/11/2025

FastAPI revolucionou o desenvolvemento de APIs en Python grazas á súa velocidade e simplicidade. Nesta sesión aprenderás a crear APIs modernas que non só expoñen datos, senón tamén intelixencia. Veremos como deseñar endpoints que integran modelos de machine learning —desde clasificadores ata modelos xenerativos—, como xestionar peticións complexas e como preparar o teu servizo para produción. Exploraremos técnicas para serializar modelos, manexar dependencias, aplicar autenticación e documentar APIs con Swagger. Se estás a buscar unha forma práctica e eficaz de despregar modelos preditivos ou xenerativos en sistemas accesibles e escalables, esta sesión mostrarache como facelo paso a paso.

O relator será Antonio Varela, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistema con máis de 15 anos de experiencia no sector TIC. Comezou o seu camiño en mundo TIC no desenvolvemento de aplicacións web en Java, tecnoloxía na que se especializou chegando a ser Offcial Trainer para Oracle durante varios anos aínda que a súa experiencia non se centra só no ámbito da formación, se non que a foi compaxinando con diferentes roles, desde desenvolvedor a analista chegando a xefe de proxecto. Nos últimos anos focalizou principalmente en dúas áreas: no desenvolvemento de interfaces multidispositivo incluíndo o uso de Realidade Aumentada e Realidade Virtual, e na manipulación e analítica de datos usando tecnoloxías como Python e intelixencia artificial.

Entre as empresas e organismo aos que asesorou ou formou atópanse Tecnocom, PSA Citroën, Universidade de Santiago de Compostela, Balidea, Centro de novas Tecnoloxías de Aragón (CTA), Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), Opentrends, Xunta de Galicia, AMFEAFIP, ESTALMAT, FINSA, Grupo SM, SERVEF...

Obxectivos :

Aprender a crear APIs robustas e eficientes con FastAPI que integren modelos de ML, permitindo ofrecer servizos intelixentes accesibles mediante HTTP de forma sinxela e segura.

Dirixido a :

Seminario dirixido a desarrolladores backend e técnicos que desexen aprender a integrar modelos de machine learning en APIs modernas, listas para ser consumidas por aplicacións ou servizos.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • IA
    • Python
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución a FastAPI: estrutura, vantaxes e uso básico
  • Carga e uso de modelos de ML en endpoints
  • Serialización e validación con Pydantic
  • Seguridade básica: autenticación e control de acceso
  • Documentación automática con Swagger
  • Despregamento de APIs intelixentes en contornas produtivas