| Metodoloxía | Virtual |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 18/11/2025 |
| Data fin | 18/11/2025 |
A xestión eficaz dun portafolio de servizos é esencial para asegurar que TI entrega verdadeiro valor ao negocio. Nesta sesión exploramos como ITIL 4 actualiza e dinamiza a visión estratéxica da xestión de servizos. Abordaranse prácticas clave como a xestión da demanda, a xestión financeira do servizo e o portafolio de servizos, conectándoas cos obxectivos estratéxicos da organización. Aprenderás a priorizar iniciativas, optimizar recursos e tomar decisións baseadas en valor. Ideal para quen lidera a planificación de servizos e buscan ferramentas para gobernar un catálogo dinámico, flexible e orientado ao cliente.
O relator será Aitor Castro Casas, que conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión de proxectos, produtos e servizos, combinando o seu perfil técnico cun enfoque humano centrado na mellora continua e na axilidade organizativa. Actualmente é socio, director de calidade e agile coach en Dilemma Solutions, donde impulsa o desenvolvemento de produtos sanitarios con tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial. Como formador e consultor, Aitor colabora con entidades como Scrum Manager, ProKanban.org, Escuela de Finanzas (EFBS) ou a Universidad Internacional de La Rioja (UNIR), impartindo cursos oficiais sobre metodoloxías áxiles, métricas, OKR, IA e liderado. Está certificado pola principais organizacións internacionais en axilidade, xestión de proxectos e transformación dixital (Scrum.org, PMI, Scaled Agile, PeopleCert, entre outras), e ten acompañado a empresas como Estrella Galicia, Ibermática, Televes ou Johnson Controls nos seus procesos de evolución organizativa.
Aprender a aplicar as prácticas de ITIL 4 para xestionar un portafolio de servizos aliñado coas necesidades do negocio, optimizando recursos e maximizando o retorno do servizo.
Enfocado a responsables de servizo, xestores de produto e perfís que participan na toma de decisións estratéxicas sobre o deseño, evolución e goberno de servizos TI.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Virtual - Tecnoloxía :
- ITIL
- Visión estratéxica da xestión de servizos en ITIL 4
- Xestión da demanda e priorización de servizos
- Xestión financeira do servizo e análise de valor
- Deseño e goberno do portafolio de servizos
- Avaliación continua e toma de decisións baseada en datos
- Conexión entre estratexia, operacións e mellora continua