| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 24/02/2026 |
| Data fin | 24/02/2026 |
Scrum naceu no mundo do desenvolvemento de software, pero o seu enfoque adaptable e colaborativo faio ideal para todo tipo de equipos. Nesta sesión descubrirás como aplicar Scrum en contextos como márketing, deseño, educación ou xestión de produtos non tecnolóxicos. Aprenderás como adaptar os roles, os eventos e os artefactos do marco a contornas non técnicas, mantendo o foco na entrega de valor incremental e a mellora continua. Analizaremos casos reais de equipos non IT que adoptaron Scrum con éxito, e traballaremos con dinámicas prácticas e ferramentas visuais para axudarche a visualizar como levalo á túa realidade. Se buscas unha forma áxil de organizar proxectos e persoas, esta sesión mostrarache por onde empezar.
O relator será Aitor Castro Casas conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión de proxectos, produtos e servizos, combinando o seu perfil técnico cun enfoque humano centrado na mellora continua e a axilidade organizativa. Actualmente é socio, director de calidade e agile coach en Dilemma Solutions, onde impulsa o desenvolvemento de produtos sanitarios con tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial. Ao longo da súa carreira liderou iniciativas crave en entidades como Amtega, Grupo Amaya Telleria (GAT) ou CIXTEC, sempre orientado á excelencia operativa e a transformación dixital. A súa experiencia abarca desde a enxeñería industrial e de software ata a dirección estratéxica e a xestión do cambio.
Como formador e consultor, Aitor colabora con entidades como Scrum Manager, ProKanban.org, Escola de Finanzas (EFBS) ou a Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), impartindo cursos oficiais sobre metodoloxías áxiles, métricas, OKR, IA e liderado. Está certificado polas principais organizacións internacionais en axilidade, xestión de proxectos e transformación dixital (Scrum.org, PMI, Scaled Agile, PeopleCert, entre outras), e acompañou a empresas como Estrela Galicia, Ibermática, Televes ou Johnson Controls nos seus procesos de evolución organizativa. O seu enfoque práctico e próximo converte cada sesión nunha oportunidade real de aprendizaxe e cambio.
Descubrir como adaptar Scrum a contornas non técnicas, aproveitando a súa estrutura para mellorar a colaboración, a claridade na entrega de valor e a dinámica de traballo de equipos diversos.
Pensado para líderes de equipo, responsables de proxectos e profesionais de áreas funcionais (como márketing, deseño, educación ou negocio) interesados en adoptar enfoques áxiles sen necesidade de ter perfil técnico.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Scrum Manager
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Que é Scrum (e por que non é só para IT)
- Adaptación de roles, eventos e artefactos en contextos non técnicos
- Ferramentas áxiles visuais: taboleiros, retrospectivas, sprints
- Casos reais de aplicación en márketing, deseño e negocio
- Xestión do cambio na adopción de Scrum fóra de IT
- Boas prácticas e erros comúns ao aplicar Scrum en novos contextos