| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 17/03/2026 |
| Data fin | 17/03/2026 |
O rol do Scrum Master evolucionou: xa non se trata só de seguir unha guía, senón de ser un catalizador do cambio. Nesta sesión aprenderás a exercer un liderado auténtico desde a facilitación, a traballar con dinámicas de equipo que fomenten a autonomía e a mellora continua, e a identificar e eliminar impedimentos máis aló do evidente. Exploraremos habilidades crave como a escoita activa, a xestión de conflitos, a facilitación visual e a aplicación de marcos como Liberating Structures. Tamén abordaremos como impulsar a axilidade organizacional desde un rol sen autoridade formal. Unha sesión potente para quen quere converterse en axentes de cambio reais dentro e fóra do equipo Scrum.
O relator será Aitor Castro Casas conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión de proxectos, produtos e servizos, combinando o seu perfil técnico cun enfoque humano centrado na mellora continua e a axilidade organizativa. Actualmente é socio, director de calidade e agile coach en Dilemma Solutions, onde impulsa o desenvolvemento de produtos sanitarios con tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial. Ao longo da súa carreira liderou iniciativas crave en entidades como Amtega, Grupo Amaya Telleria (GAT) ou CIXTEC, sempre orientado á excelencia operativa e a transformación dixital. A súa experiencia abarca desde a enxeñería industrial e de software ata a dirección estratéxica e a xestión do cambio.
Como formador e consultor, Aitor colabora con entidades como Scrum Manager, ProKanban.org, Escola de Finanzas (EFBS) ou a Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), impartindo cursos oficiais sobre metodoloxías áxiles, métricas, OKR, IA e liderado. Está certificado polas principais organizacións internacionais en axilidade, xestión de proxectos e transformación dixital (Scrum.org, PMI, Scaled Agile, PeopleCert, entre outras), e acompañou a empresas como Estrela Galicia, Ibermática, Televes ou Johnson Controls nos seus procesos de evolución organizativa. O seu enfoque práctico e próximo converte cada sesión nunha oportunidade real de aprendizaxe e cambio.
Ampliar as capacidades do Scrum Master como líder-servizo, reforzando o seu impacto a través de ferramentas de facilitación avanzada, liderado distribuído e resolución de dinámicas disfuncionais.
Dirixido a Scrum Masters con experiencia, ou persoas interesadas neste rol, que queiran profundar en técnicas de facilitación, liderado colaborativo e dinamización de equipos.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Scrum Manager
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- O novo enfoque do Scrum Master: de facilitador a axente de cambio
- Liderar sen autoridade: claves do liderado horizontal
- Ferramentas de facilitación avanzada e dinámicas grupais
- Detección e eliminación de impedimentos sistémicos
- Xestión de conflitos e desenvolvemento de equipos autoxestionados
- Scrum Master fose do equipo: influencia na organización